Venres. 26.04.2024
El tiempo

A ESMU de Carnota comeza un novo curso: "Por que cambiar cando algo funciona?"

A ESMU de Carnota comeza un novo curso: "Por que cambiar cando algo funciona?"
ESMU Viso Novo edificio da ESMU no Viso Este luns 1 de outubro comeza o curso 2018/2019 na Escola Municipal de Música de Carnota, coa reunión de pais e alumnos/as no salón de actos do Concello ás 19:30 h. O martes xa haberá clases no Viso, nos horarios asignados, para os máis de 170 alumnos matriculados, cifra que bate todas as marcas rexistradas ata agora. O poder desta ESMU é tremenda. Nun pobo como Carnota, pequeno e con pouca poboación, chama poderosamente a atención que unha escola de música teña tanta matrícula para estudiar durante o curso, tanto en rapazada como en xente adulta, e é que non só hai matriculada xente de Carnota, se non que se achegarán alumnos e alumnas de pobos cercanos como Dumbría, Cee ou Muros. A súa directora sempre di a mesma frase "Por que cambiar cando algo funciona?" E é que os cinco mestres fan un gran elenco, xa que todos e todas eles teñen cada vez máis e máis alumnos/as... Castor Montes (guitarra, baixo e guitarra eléctrica); Carlos González (batería, combos, linguaxe, congas e percusión); Moncho Domínguez (gaita, coral polifónica, música tradicional); Pilar García (música e movemento, linguaxe, canto, saxofón e clarinete) e Alianza Uhía (dirección, linguaxe musical e piano). Mestres da Esmu de Carnota Os Mestres da Esmu de Carnota A escola conta con varias agrupacións como unha Coral Polifónica, un coro de nenos, dous combos de música tradicional, varios combos de música pop e rock, grupo de pandereteiras, linguaxe musical para nenos/as, linguaxe musical para adultos e música e movemento (para rapaces de Ed. Infantil). E como non, conta cun gran número de clases individuais ou duais de instrumento como piano, guitarra española, canto, batería, congas, baixo eléctrico, guitarra eléctrica, gaita, saxofón, acordeón, clarinete, frauta traveseira, clarinete ou canto.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/a-esmu-de-carnota-pecha-un-curso-cargado-de-novidades/

Comentarios