Xoves. 10.10.2024
El tiempo

A ESMU de Carnota quere cantar en clave reggae

A ESMU de Carnota quere cantar en clave reggae
quero cantar en Carnota Así foi a gravación do tema da ESMU de Carnota para o concurso Quero Cantar 2017

Xa despediron o curso, pero aínda tiveron tempo para enviar a súa canción para a a segunda edición do concurso infantil “Quero Cantar”. A Escola de Música de Carnota vai forte este ano despois da participación do curso pasado cun rock composto por unha alumna de piano; “Na school of rock de Carnota”.

Este ano faino cun temazo en clave reggae, “E irei pa praia”, gravado dun xeito moito máis profesional. “Solicitamos ao Concello veciño de Muros dúas tardes o estudio de gravación co que contan, a “Sala Nasmo”, e obtivemos unha resposta afirmativa. Así que, puxémonos mans á obra, e 10 rapaces e rapazas de 11 e 12 anos, xunto cos dous dos mestres da escola compuxeron música e letra deste fermoso e pegadizo reggea que é o “E irei pa´praia”. Despois de varios ensaios e arreglos, desplazámonos dúas tardes á Nasmo, e coa axuda indispensable e un trato exquisito do técnico de son de dita sala, Juan, fixemos a gravación final”, explícanos Alianza Uhia.

E o resultado é éste …

 

Agora só queda agardar o fallo do xurado, que sexa cal sexa, para alumnos e profesores foi unha experiencia preciosa, gratificante e moi novidosa, xa que os rapaces participantes nunca estiveran implicados nunha gravación profesional.

Esta a letra do temazo:

E irei pa´praia Papá castigoume sin a Play, saquei en mate un tres. O de inglés non me aguanta, pero eu tampouco o aguanto a el. Colexio, exámenes e actividades. Colexio, exámenes e actividades. Colexio, exámenes e actividades. Teño 9 anos e padezo estress. Pero ao final chegará o verán. – ratatá – pum … E irei pa´praia ata que se poña o sol. E irei pa´praia sentir na miña pel a luz e o calor. E irei pa´praia ata que se poña o sol. E irei pa´praia sentir na pel o sal e o calor. Pam … pam … pam … En ximnasia tampouco me vai ben, dan moita caña e non arrastro nin os pes; e dispois chegas a casa, mamá e papá están xa a berrar outra vez. Colexio, exámenes e actividades. Colexio, exámenes e actividades. Colexio, exámenes e actividades. Teño 9 anos e padezo estress. Pero ao final chegará o verán. – ratatá – pum … E irei pa´praia ata que se poña o sol. E irei pa´praia sentir na miña pel a luz e o calor. E irei pa´praia ata que se poña o sol.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios