Xoves. 25.04.2024
El tiempo

A Mostra Mar de Mares conciencia dende Carnota ao mundo

Mercedes Noceda Juan Manuel Saborido e Marcos Gallego
Mercedes Noceda, Juan Manuel Saborido e Marcos Gallego na presentación da II Mostra Mar de Mares
A Mostra Mar de Mares conciencia dende Carnota ao mundo

Xa está aquí, este venres 29 e sábado 30 de novembro, a Lonxa Vella de Lira acolle a “II Mostra Mares da Fin do Mundo”, a única Mostra Internacional de Cinema Documental de Galicia centrada na pesca sostible e no medio ambiente mariño.

Falamos dun evento necesario, que xa o ano pasado tivo unha excepcional acollida, tanto presencial como mediática, mesmo en varios lugares do planeta. Porque falamos dun evento de contrastes: cun forte apego local pero con ampla proxección internacional, enfocado na posta en valor de oficios tradicionais dende unha perspectiva global e moderna. Trátase dunha mostra comprometida co medio marítimo e o sector pesqueiro, que busca crear conciencia sobre a necesidade de coidar un dos nosos recursos naturais máis valiosos.

Pero tamén como unha aposta, xa testada noutros concellos de Galicia, para atraer novos publicos e visitantes interesados en eventos culturais de prestixio como é o caso do Festival de Cans, en Cans Porriño, o Interplay de Carballo ou mesmo o Festival de Curtas de Noia entre outros.

As proxeccións abranguen dúas xornadas; a do venres día 29 onde seran proxectadas dúas curtametraxes, unha mediometraxe e unha longametraxe, producidas en Galicia e con versión orixinal en lingua galega.
E a do sábado día 30 onde seran proxectadas dúas curtametraxes e unha longametraxe, de produción internacional en versións orixinais subtituladas o galego.

Contárase ca presenza de algúns dos directores dos films, como e o caso de Xacobe Menendez Fassbender, Adrián Canoura, Carlos Prado e Manuel Lógar. Todos eles realizadores galegos, moi próximos nas súas temáticas ao sector pesqueiro e o medio ambiente mariño.

Tamén haberá dúas actividades complementarias a Mostra. Por unha banda a exposición fotográfica relacionada co mar e a pesca tradicional, froito do 2º Concurso de Fotografía do Concello de Carnota. E por outra a Escola de Cinema Mar de Lira onde os máis cativospoderándesenvolver a súa creatividade audiovisual, nunha actividade formativa e didáctica.

Para rematar a “II Mostra Mares da Fin do Mundo” celebrarase un recital de poesía mariñeira no que participará en outr@s os principais poetas do territorio.

Máis información

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios