Sábado. 20.04.2024
El tiempo

A Raínha Lupa revive cun Mercado Ecolóxico en Quilmas

A Raínha Lupa revive cun Mercado Ecolóxico en Quilmas

A Lenda da Raínha Lupa ten a súa realidade día a día na agra de Quilmas. Alí, os membros da Cooperativa de Agricultura Ecolóxica fai que a súa maxestade baixe do Olimpo Celta cada mañá para sachar nas completas hortas onde a Xunta e a empresa Stolt Sea Farm queren ampliar as súa piscinas con rodaballo.

Na loita seguen os veciños da pequena aldea de Quilmas, que seguen a preferir trigo a rodaballo. Para manterse vivos levan artellando 7 mercados ecolóxicos en 7 meses. O desta de fin de semana será a 3ª edición deste Mercado Ecolóxico-Tradicional "Pola Defensa da Terra" de Quilmas, xa case convertido en referente por selo único mercado ecolóxico de toda a Costa da Morte, facendo do consumo responsable unha realidade na nosa bisbarra.

Limpando ríos

Ademais a fin de semana completarase o domingo 2 de outubro, coa participación na IV Limpeza Simultánea de Ríos, actividade enfocada á concienciación cidadá cara o voluntariado medioambiental. O percorrido escollido, polo monte de Carnota, é de gran beleza e merece a pena coñecelo.
A Limpeza, enmarcada no Proxecto Ríos, desenvolverase en 30 puntos do país, entre o dos veciños de Muxía.

Programa do Mercado Ecolóxico de Quilmas "Pola Defensa da Terra"

Sábado 1 de outubro

Abrirá o sábado ben cedo, a partir das 10:00h, co Mercado ecolóxico tradicional de hortalizas, mel, alimentación ecolóxica e artesanía de proximidade. Estará aberto ata a tardiña, con parada para o xantar.
Ademais haberá momento para a Degustación de diferentes variedades de tomate e mel. A Música estará presente durante todo o día, e haberá diferentes postos informativos de asociacións que defenden o territorio, promoven a biodiversidade e fomentan o consumo responsable.

Ademais, hai a posibilidade de facer o xantar na feira, na Barra da Raínha Lupa con produtos biolóxicos e naturais, xa que haberá un pulpeiro e diversos postos con empanadas, e outros produtos caseiros...

Domingo 2 de outubro

A partir das 10:30h unha expedición sairá dende Quilmas para realizar a limpeza dun tramo do río de Vadebois, a actividade terá unha duración de 2 horas aproximadamente. Esta xornada rematará na Lagoa de Caldebarcos onde, conmemorando o día mundial das aves, realizarase un avistamento de paxaros nesta marisma.
Desta volta, a entidade coordinadora en Carnota é ADEGA Costa da Morte e, para acudir, precísase de facer unha inscrición previa través dunha chamada ao 697.364.124.

Postos para o 3º Mercado Tradicional Ecolóxico do 1 de outubro

Produtos da horta

  • Dolores (Teo)- Hortalizas e roquillas.
  • Xulio e Belén (Cambre)- Respostería, pemento do couto, empanadas.
  • Raínha Lupa (Quilmas)- Hortalizas, mel, fariñas e pan, conservas e aromáticas.
  • Senra SCG (A Estrada)- Horta e mel.
  • Millo e Landras (Vilasantar)- Queixo fresco, rixós, chourizos e carne de porco celta, horta.
  • Casa do Campo (A Estrada)- Hortalizas, pan, conservas.
  • Finca de Cora (A Estrada)- Hortalizas, pizzas, galletas e conservas.
  • Milhulloa (Palas de Rei)- Herbas menciñeiras e grelos deshidratados e cosmética natural.
  • Carme de Socastro (Socastro- Rois)- Horta e queixos.

Mel

  • Monte Veciñal de Caldebarcos e San Cibrán (Caldebarcos)- Mel
  • AGA (Arzúa)- Mel
  • Santi (Louro)- Mel, requeixo e alimentación ecolóxica.

Asociacións/colectivos informativas

  • ADEGA
  • Sindicato Labrego Galego- SLG
  • Asociación Galega de Apicultura- AGA
  • Monte Pindo Parque Natural
  • ZocaMiñoca- Cooperativa de consumo responsable
  • Implicadas no desenvolvemento- ONG

Artesanía

  • BolaTola (Panchés)- Cosmética natural. xabróns, ungüentos, cremas...
  • Charo (San Mamede)- Cerámica.
  • Charamusca (Canedo)- Cerámica
  • Nacho Porto (Cornido)- Cerámica
  • Cesteiro de Rois- Cesteiría tradicional
  • Francisco (Porto do Son)- Cesteiría tradicional
  • Susana (Quiroga)- Cerámica e mandís con materiais reutilizados.
  • O pano encantado (Ponteceso)- Roupa para nenos.
  • Carme (Louro)- Diademas e adornos con teas reutilizadas.

Outros

  • Menduíña (Cangas)- Cervexa artesá
  • Empanadas de millo (Rois)- Filloas, empanadas, etc...
  • Ánxel (O Carballiño)- Pulpeiría
  • Equisol (Santiago)- Comercio Xusto
  • Queixería Don Gabino (Vilalba)- Queixo de San Simón.

Cómpre lembrar que toddas as persoas que expoñen neste mercado fan unha produción sustentable e respectuosa co medio e comercializan directamente os seus produtos. Importantísimo no eido do consumo responsable esto da proximidade na venda, favorecendo o consumo local.

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

  • Nota de prensa da Cooperativa de Agricultura Ecolóxica Raínha Lupa.

Comentarios