A Xunta elude responsabilidades no eterno retraso do colector de saneamento de Carnota


Xa teñen levado o caso ao Parlamento tanto o PSdG como o BNG. Pero parece que a Xunta non vai facer moito por axilizar a entrega das obras de saneamento no Pindo, a pesar dos graves problemas que están causando na vila carnotá.
A última resposta vén de darlla Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio a unha pregunta formulada polo Grupo Parlamentario Socialistas de Galicia, a iniciativa de Loli Toja Suárez. Toja preguntaba pola “valoración, as medidas e os prazos previstos polo Goberno galego para solucionar os inconvenientes que está a padecer a veciñanza de Carnota, en concreto no Pindo, a consecuencia do deficiente funcionamento do servizo de saneamento e depuración das augas residuais”, (publicada no BOPG número 285 do 28 de marzo de 2018).
A resposta queda así de vaga: “Tal e como avanzou o director de Augas de Galicia, na sesión da Comisión 2ª celebrada o pasado 19 de abril de 2018, a execución da obra á que se fai referencia na iniciativa sufriu atrasos por motivos alleos á actuación da Xunta de Galicia, que traballou para impulsala en todo momento. O director de Augas de Galicia explicou, ademais, que se están solucionando unhas deficiencias detectadas durante a última fase da actuación. Seguidamente, farase a entrega da obra aos concellos, estando prevista tal entrega nas vindeiras semanas.”
A deputada socialista lamenta a fata de concreción pois "non fala de prazos non fala de nada, stamos exactamente igual que antes de ter a resposta". Ademais, cre que "este tema non está dentro da sua axenda nin da súas prioridades, está esquecido e contestaron porque teñen que contestar pero sen dicir nada".
Quen ten a culpa do eterno retraso deste colector que une o Ézaro coa EDAR de Panchés, entón?
Novas relacionadas
- Abril 18: O BNG tamén leva ao Parlamento o retraso do saneamento no Pindo.
- 05-14-18: Os vertidos enrarecen o clima social do Pindo.
- 24-03-18: O PSdG achegouse ao Pindo para comprobar os problemas do saneamento.
- Marzo 18: A Xunta segue retrasando, mes a mes, a entrega da obra de saneamento do Pindo.
- Decembro 17: O Pindo sae á rúa esixindo unha solución ao saneamento.
- Novembro 19: O Pindo segue pendente do saneamento e da reconstrución dun mallado paseo marítimo.
- Outubro 17: Unha analítica demostra a necesidade de solucionar o saneamento do Pindo.
- Setembro 17: Co cú ao aire fronte a falta de saneamento no Pindo.
- Setembro 17: O Pindo mobilízase contra os cheiros.
Outras novas
- “As toallitas que se tiran polo váter é un dos grandes problemas das depuradoras”.
- Os actores involucrados debatiron sobre o saneamento e contaminación orgánica do mar ante unha gran expectación.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).