ADEGA e MPPN califican de delito ecolóxico a creación dun coto de caza maior no Monte Pindo


O biólogo de ADEGA e da Asociación Monte Pindo Parque Natural, Martiño-Fiz L. Lindoso, asegura, ante a proposta do PP de Carnota de crear un coto de caza maior no Monte Pindo, que "isto suporía un atentado ecolóxico". A proposta pode "perxudicar enormemente á fauna e máis ao funcionamento do propio ecosistema local".
Fiz apunta que sería necesario construir un valado para que as especies cinexéticas non marchen. "As consecuencias deste acto son a reducción das poboacións das distintas especies do Monte Pindo, artificialización do medio, introducción de especies cinexéticas foráneas de gran tamaño e impacto ambiental nunha área protexida pola Rede Natura", informa.
Hai outras consecuencias indirectas comúns en outros cotos de caza maior como "a erradicación de especies predadoras co emprego de velenos e outras prácticas ilegais para a erradicación de especies naturais, escasas e protexidas pola lexislación".
Finaliza Fiz indo máis alá e cataloga a proposta como un "acto vandálico". E o peor de todo, é que a proposta separaría o monte dos veciños.
En Rede Natura
Afortunadamente o proxecto necesitaría un estudio de impacto ambiental por estar dentro da Rede Natura 2000. As administracións deberían rexeitalo en todo caso.
- Martiño Fiz López Lindoso (Ourense, 1976) é biólogo. Licenciado en Bioloxía pola USC, é o representante de ADEGA no Observatorio Galego da Biodiversidade e o relator da iniciativa pola que se promove a declaración de Parque Natural no Monte Pindo, que contou co respaldo de expertos das tres universidades galegas e á que xa se sumaron ducias de colectivos e centos de individuos.
Novas relacionadas
- Denuncian que o PP de Carnota quere converter o Monte Pindo nun coto de caza maior.
- Abrindo novos sendeiros no Monte Pindo.
- O Monte Pindo é o protagonista dunha campaña publicitaria de Iberia.
- A Asociación Monte Pindo Parque Natural critica os intereses da Xunta para co macizo carnotán.
- 3 novos parques eólicos ameazan o Monte Pindo.
- O Parque Natural Monte Pindo chegou a 222 lugares do país.
- Quen é o que non quere o Parque Natural Monte Pindo?.
- Grupo de Facebook: Parque Natural Monte Pindo.
- Grupo de Facebook: Na Defensa do Monte Pindo.
- O Monte Pindo de Galicia e os grabados rupestres prehistóricos, por José Luis Galovart Carrera.
- Coñecendo as lendas históricas do Monte Pindo, por Jose Luis Galovart Carrera.
- Nota de prensa da Comisión Rectora da Asociación Monte Pindo Parque Natural.