Denuncian que o PP de Carnota quere converter o Monte Pindo nun coto de caza maior

11:00 11/05/11

A Asociación Monte Pindo Parque Natural denuncia hoxe que o PP carnotán propón a creación dun coto de caza maior no Monte Pindo. Cervos, xabarí, muflóns, corzos e machos montes son os animais cos que habería que poboar o monte para levar a cabo a idea.
Desde a Asociación Monte Pindo Parque Natural queren expresar a súa "absoluta indignación por semellante aberración e que aínda por enriba a difunda en público, menosprezando aos colectivos que amamos e procuramos día a día a protección e o desenvolvemento do Monte Pindo".
"Promesas incumplidas"
Denuncia a entidade que "no ano 2007 o PP prometiu o que agora combate", xa que daquela no programa electoral unha das súas propostas era a creación do Parque Natural do Monte Pindo.

Novas relacionadas
- Abrindo novos sendeiros no Monte Pindo.
- O Monte Pindo é o protagonista dunha campaña publicitaria de Iberia.
- A Asociación Monte Pindo Parque Natural critica os intereses da Xunta para co macizo carnotán.
- 3 novos parques eólicos ameazan o Monte Pindo.
- O Parque Natural Monte Pindo chegou a 222 lugares do país.
- Quen é o que non quere o Parque Natural Monte Pindo?.
- Grupo de Facebook: Parque Natural Monte Pindo.
- Grupo de Facebook: Na Defensa do Monte Pindo.
- O Monte Pindo de Galicia e os grabados rupestres prehistóricos, por José Luis Galovart Carrera.
- Coñecendo as lendas históricas do Monte Pindo, por Jose Luis Galovart Carrera.
- Nota de prensa da Comisión Rectora da Asociación Monte Pindo Parque Natural.