Luns. 14.10.2024
El tiempo

AFAFeS abre o prazo de inscrición para o programa Vida Activa en Carnota

Envellecemento activo con AFAFES
AFAFeS abre o prazo de inscrición para o programa Vida Activa en Carnota

A Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer de Fisterra e Terra de Soneira, AFAFeS, pon en marcha o Programa Vida Activa 2023-2024 no Concello de Carnota. A entidade, que ofreec información e asesoramento a familiares e coidadores, a atención psicolóxica, estimulación terapéutica, e formación a coidadores e familiares dos Concellos de Cee, Corcubión, Fisterra, Dumbría, Carnota. Camariñas, Vimianzo, Zas e Muxía, centra neste caso o seu programa en Carnota.

O programa de Vida Activa de AFAFES está pensado para persoas maiores que desexen levar un estilo de vida independente, activo e saudable. Reúne actividades para o
mantemento e mellora da saúde física e mental: adestramento da memoria e adestramento cognitivo en xeral con unha orientación a conservación da autonomía persoal.

As profesionais das áreas de Psicoloxía, Terapia Ocupacional, Educación Social e Traballo Social de AFAFES traballarán arreo para poñer en forma ás nosas maiores.

Horarios e inscrición

Os horarios serán os xoves en Carnota de 16:00 a 17:30 e Pindo de 18:00 a 19:30 e os venres en Lira 16:00-17:30 e Lariño de 18:00 a 19:30. O inicio de actividades tivo lugar o xoves 19 de outubro.

Poden solicitar máis información e inscribirse no 881984902 ou en [email protected].

Comentarios