Agricultura eco-lóxica
Ata a mesma Conselleira Rosa Quintana recoñecía a semana pasada que a agricultura ecolóxica creceu este ano nos últimos 10 anos nun 170%. Segundo sinalan as contas da Xunta, o valor de produción da agricultura ecolóxica certificada en Galicia superou os 21 millóns de euros no 2011, o convirte este novo sector nunha verdadeira oportunidade, nunha realidade.
Na Costa da Morte son poucas as xentes que apostan por ela. Apenas somos conscientes dun grupo de mozos por Cerqueda, unha familia en Ponteceso e, os máis visibles, os da Cooperativa de Agricultura Ecolóxica Raínha Lupa de Quilmas.
E boa conta delo da o noso colaborador Raúl Góñez, que para cociñar á beira do mar sempre utiliza produtos da cooperativa carnotá.
E o fai nun intento de recuperar o produto local, o produto de temporada, o produto da terra, devolvendo ao Mercado tradicional a vida que sempre tivo.
Mercado ecolóxico en Quilmas
Precisamente, os carnotáns xa artellan un novo mercado ecolóxico para este vindeiro sábado 20 de maio en Quilmas.
O pasado mes de outubro estiveron presentes máis de 30 postos de produtos da horta, mel, artesanía, ou postos informativos. Este sábado a presencia será semellante.