Altos cargos do PSOE participan na presentación da nova lista de Carnota

09:04 11/03/11

Continúan presentando os grupos políticos da bisbarra as súass listas de cara aos comicios do mes de maio. Este sábado 12 de marzo terá lugar a presentación da candidatura do PsG Psoe de Carnota. O acto celebrarase no restaurante Doña Teresa (Lira) ás 14:30h, no cal Suso Campos, o candidato a alcaldía, estará arroupado por:
- Francisco Caamaño (Ministro de Xustiza)
- Antón Louro (Delegado do Goberno en Galicia)
- Marisol Soneira (Deputada no Parlamento de Galicia)
- Xosé Manuel Lage (Deputado no Parlamento de Galicia)
- Caridad González (Deputada Provincial)
Novas relacionadas
- O ex-edil do BNG Tomás Freire únese ao PSOE de Carnota.
- A bitácora da semana (CXIII): O blog do PSOE de Carnota.
Fonte
- Nota de prensa do PSOE de Carnota.