Luns. 25.05.2020
El tiempo

Andrés Fábregas: "O Beach Party Carnota quere dar a coñecer este paraíso a través da música e o deporte"

Andrés Fábregas: "O Beach Party Carnota quere dar a coñecer este paraíso a través da música e o deporte"
Andrés Fábregas, organizador do Beach Party Carnota, é natural e un auténtico namorado de Carnota

A vindeira fin de semana de 28 e 29 de xullo de 2012, a praia de Lariño (xa unha referencia festivaleira pois tamén acolle en setembro o Asaghieiras Master Festival) convertirase nunha xigante carpa dance. O Festival Beach Party Carnota, o primeiro de música electrónica da Axenda Sonora da Costa da Morte, encherá tamén de deportes acuáticos o concello carnotán.

Hoxe falamos cun dos seus promotores, Andrés Fabregas, carnotán de nacemento e de devoción, que ve cumplido con este festival un dos seus soños: "dar a coñecer este paraíso a través da música e do deporte". I é que un dos grandes obxectivos deste festival se resume cun claro "Carnota, Carnota, Carnota!"


  • QPC: Ola Andrés. Como van eses preparativos para o festivalón?

Pois xa está todo pechado virtualmente. Só nos queda convertilo en realidade.


  • QPC: Bueno, este será o 2º ano do festival. Como se vos ocorreu montar unha cita electrónica de tales dimensións aquí na Costa da Morte?

Pois foi hai ano e medio, cando cos amigos de MD Project, o comentamos e nos decidimos. E xa levaba tempo levando djs ao Cafe do Mar e mais ao Bar Hórreo, onde seguimos coa boa música. E tiña gañas de organizar algo grande. E falando cos de MD Project quedamos en que eles se encargan da música e eu, cun equipazo que temos aquí, de todo o demais.


  • QPC: O ano pasado, na primeira edición, xa houbo moita xente. Pero este ano seguiremos crecendo, supoño. Que expectativas de público tendes?

O ano pasado, cos poucos medios cos que contabamos e cunha organización de tan só 1 mes, xuntamos en Carnota máis de 3.000 persoas. Xa foi todo un exitazo, pero este ano contamos co doble de xente, polo menos.
Se ben o ano pasado era de balde, este ano as entradas son case un regalo. xa se poden mercar en internet por 9€ o abono, co que ademais tes 2x1 en copas.

Este ano tivemos que cambiar a ubicación porque non deron permisos para facelo na praia de Carnota, e porque os trailers que traemos para o son e o escenario non entraban na praia de Carnota. Pero vimos a un lugar espectacular, o campo de fútbo de Lariño, tamén nunha paraxe impresionante.


  • QPC: Quen son os pratos fortes musicalmente falando?

Pois a verdade é que non quero destacar a ningún. Hai algún máis coñecido, pero por exemplo os djs de Santa Comba xa van traer unha marea de xente e son tan importantes coma o resto. Tamén veñen de Canarias, de Ibiza... pero todos aportan.


  • QPC: Pero vai haber moito máis que música, non?

Vai haber de todo, a a TVG vai estar na mañá do vernes cos deportes acuáticos, que aquí en Carnota están moi vivos. Imos ter 2 campións do mundo de Kitesurf, entre eles o noso meirande embaixador, Abel Lago. Hai que facerlle unha mención especial a este home, que leva o nome de Carnota e do BPC por todo o mundo. Ademais xa leva moitos anos traendo xente influínte ata Carnota, e esa promoción non ten prezo.

Pero ademais teremos as 7 mellores marcas de kitesurf, que ademais fan de sponsors, cos seus stands. Teremos fútbol praia (organizado pola Punta Insua e Asaghieiras), paddleboard, bodyboard, kaiaks e surf, que ata teremos ao equipazo feminino do Shark Girl Surf Team, 7 mozas figuras do surf en Canarias que xa pasarán aquí unha semana enteira.

Así que vai ser unha cita para todo o día e toda a noite. E as previsións sinalan que non vai chover, e que vai facer algo de nordés, perfecto para o kite!


  • QPC: Tendes ademais unha importante visión medioambiental? É posible que a xente nun festival deixe todo recollidiño?

Nós queremos que a xente coñeza este paraíso e queremos dar exemplo, que estamos en Rede Natura.

E pensamos que non é imposible que a xente se involucre medioambientalmente. Nós imos estar toda a noite e todo o día incidindo á xente que respete o entorno. A limpeza corre da man do Concello, que se está portando de marabilla, e xa o ano pasado xa deixou a praia de Carnota toda limpa.


  • QPC: Bueno, pois daquela, #NosVemosenCarnota. Como se vos ocorreu todo este merchandising?

Pois aí temos un equipazo traballando, e todo da casa. Aí está Myriam Figueira Blanco, unha artista que dende fai o cartel ata fai as campañas. Con ela pensamos aí eses hastag como #Carnotateatrapa.
O #NosVemosenCarnota comenzouno a utilizar na twitter Krizs (a dj ganadora do Concurso de Dj's que fixemos no facebook e a campaña que nos trouxo máis fans). Ela foi a primeira seguidora do twitter que apenas ten uns meses de vida. Inaurguramos twitter e directamente hastag. Mañá pretendemos facelo TT (a 7 días vista) así que todo o mundo a retuitear.

Pero o BPC somos moitos máis. Hai que mencionar e agradecer a Manu e Dani de MDProject; a Pepe e David que son os que me axudan co traballo de aquí; a todos da casa e a toda a xente de Carnota; tamén ao Concello que se están portando de marabilla e mesmo o alcalde tivo que ir dous días a Coruña para solucionar os permisos; a Abel Lago, como vos dicía; e como a todos os patrocinadores e sponsors como Nalú, Nativo, Discotecas de Santa Comba, Celme, LocaFm, Wat Say, Naishkites, Northkites, Roberto Ricci Desings, Ion-Essentials... e sobre todo á xente de Shark, que se está portando de marabilla.

Pois iso, #NosVemosenCarnota!.


Máis información do Beach Party Carnota 2012

Máis información

Novas relacionadas

Máis novas festivaleiras

Fonte

comentarios