Aparece na Lobeira pequena o cadáver da muller desaparecida en Lira o pasado martes
 
          
    19:08 25/05/14 
             
Apareciu, lamentablemente sen vida, o corpo da muller carnotá que desaparecía este pasado martes preto da praia de Lira. A embarcación auxiliar do buque de Salvamento Marítimo Sar Gavia, recollía o cadáver da muller de 68 anos nas inmediacións da Illa Lobeira Pequena, ás 14:30h deste domingo 25 de maio, e a trasladou ao peirao de Brens, en Cee.
 
 
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
- Información e fotos de David Trillo Gallego.
 
       
       
             
             
         
           
          