Luns. 06.05.2024
El tiempo

Este sábado arrinca o mes do libro en Carnota

Abril mes do Libro Carnota 2023
Este sábado arrinca o mes do libro en Carnota

Abril é o mes do libro e no Concello de Carnota celébrano con dúas actividades lúdicas e culturais para público infantil e familiar, destinadas a promover a lectura e favorecer a socialización en galego na infancia. Unhas actividades organizadas polo Servizo de Normalización Lingüística (SNL) da agrupación dos concellos de Carnota e Mazaricos, co financiamento da Deputación Provincial da Coruña. Os dous espectáculos están destinados a familias con crianzas a partir de 3 anos.

Este sábado 15 de abril, ás 17:00h o Salón de actos municipal acolle o espectáculo infantil A nena que comía todos os contos, de Trémola Teatro.

A segunda cita será o sábado 22, á mesma hora no Salón de plenos, coa obra Bichocas, de Xarope Tulú

A entrada é libre, ata completar a capacidade do local.

Comentarios