Luns. 30.11.2020
El tiempo

A Asociación de Empresarios e o Concello de Carnota unen forzas

A Asociación de Empresarios e o Concello de Carnota unen forzas

A pasada mañá de luns tivo lugar no salón de plenos do Concello de Carnota unha reunión entre o alcalde, a tenenta alcalde, a técnica de Turismo do Concello e os membros da directiva da Asociación de Empresarios de Carnota, co fin de establecer unha coordinación conxunta neste proceso de “desescalada”.

Todos coincidiron na importancia da saúde e en non baixar a garda, mantendo estrictamente as medidas de prevención. Os empresarios informaron sobre o seu proceso de reapertura.

O Concello de Carnota acordou apoiar nas tarefas de comunicación online sobre a apertura progresiva de negocios locais e encargarase ademais do deseño dunha campaña de concienciación dirixida aos usuarios dos establecementos carnontáns, na que se especificarán unhas recomendacións básicas de prevención do contaxio da COVID 19 nos negocios.

Para valorar a evolución e acordar medidas máis concretas, volverase a realizar outra reunión de forma presencial ou en liña dentro de quince días.

Novas relacionadas

comentarios