Mércores. 17.07.2019
El tiempo

A Audiencia condena a dous anos de cárcere o home que agrediu ao alcalde de Carnota en 2017

Imaxe de Moncho Nocesda, alcalde de Carnota
Imaxe de Moncho Nocesda, alcalde de Carnota
A Audiencia condena a dous anos de cárcere o home que agrediu ao alcalde de Carnota en 2017

A sección primeira da Audiencia Provincial da Coruña condenou a dous anos de cárcere e ao abono dunha multa de 2.400 euros o home que propinou unha puñada en agosto de 2017 ao alcalde de Carnota na terraza dun bar tras discutir con el pola xestión das escolas deportivas. Como consecuencia da puñada que lle propinou na cara, o rexedor caeu ao chan. A vítima necesitou asistencia médica e tardou 29 días en curar das feridas.

O tribunal considerou ao rapaz de 25 anos, autor dun delito de atentado á autoridade e doutro leve de lesións, a pesar de que este negase a agresión na vista oral do pasado mes de abril. Ademais, impúxolle o abono dunha indemnización a vítima de 9.310 euros.

Comentarios