Axenda festivaleira do verán 2013 na Costa da Morte


Achégase o verán e xa temos acesa a Axenda Sonora da Costa da Morte. Xa sabedes que a través desta páxina de Facebook Axenda Sonora da Costa da Morte traemos cada verán toda a actualidade da ducia de festivais que podemos disfrutar na nosa bisbarra. Hoxe, como preluido do verán, repasamos todo o que se nos vén enriba, coas confirmacións que nos van chegando. E atentos que a temporada comeza xa este venres en Carballo.
E se antes de nada recordamos que xa están abertas as axudas da Xunta para os festivais, apuntamos tamén que podedes atopar tamén as 12 citas en www.axendacostadamorte.com, e non perdades ollo, porque temos música para todos os gustos: pop, folk, rock, indie, jazz e metal!
Festivais Costa da Morte 2013
- XVIII Rockin Praza de Carballo (21 de xuño) - Cos madrileños Sex Museum e Layabouts, os barceloneses Stay e os vigueses Moon Cresta. DJ Sandrita Dinamita para rematar a festa.
- I Festival Pop Up de Razo (4, 5 e 6 de xullo) - Con Igloo Disco Mordisco, Grises, Lori Meyers, Dorian, Estereotypo, The Warriors, Pull my Strings, Faber.
- XVIII Asalto ao Castelo de Vimianzo (6 de xullo) - Con Luar na Lubre, Los Fulanos, Le Magnifique Bande dos homes sen medo e Os Residuos Atractivas.
- V Nordestazo Rock en Malpica (13 de xullo) - Con Loquillo, Corizonas, Hamlet, Miguel Costas, e Sandford Musica Factpry, Chema Rey DJ e Antón DJ.
- VIII Sereas e Piratas de Razo (27 de xullo) - Con bandas locais como Chucho, Wild Balbina, Músculo, Holycrab e outras bandas por confirmar.
- X Castelo Rock de Muros (2 e 3 de agosto) - Con Reincidentes, O'Funkillo, Banda Fura Fura, Trapos Sucios, The Skarnivals, Kolisión Frontal, Zënzar, Chotokoeu, Lendakaris Muertos, DJ Croma.
- XXX Carballeira de Zas (3 de agosto) - Bandas por confirmar.
- XIV Festa Folk na Fin do Camiño de Fisterra (17 de agosto) - Con Estimaba que viñeras, Os Tres Trebóns, Chotokoeu e A Compañía do Ruído.
- VII Festival V de Valarés, en Ponteceso (17 de agosto) - Con El Columpio Asesino, Capsula, Munich, Los Coronas, The Bright, Tachenko, Fuel Fandango, Amable DJ, Faber, Sandrita Dinamita.
- XVI Xiria Pop de Carballo (20 e 21 de setembro) - Bandas por confirmar.
- Asaghieiras Master Festival en Lariño (21 de setembro) - Bandas por confirmar.
- VI Atalajazz de Laxe. Datas e bandas por confirmar.
Máis información
Novas festivaleiras
- Música, surf e… Razo.
- Verbena galega, outro xeito de facer festa con música do país.
- A música ghalegha daghora está “On the road”.
- 9 grupazos para celebrar os #10anosdemusica no Castelo Rock.
- O Asalto ao Castelo de Vimianzo xa ten cartel.
- Loquillo e Corizonas, os primeros grandes nomes do #NordestazoRock2013.
- O Festival V de Valarés quenta motores con 3 artistas confirmados.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).