Beach Party Carnota: Nova cita electrónica da Axenda Sonora da Costa da Morte
Chega o verán, e se xa visitamos varias das propostas festivaleiras da Axenda Sonora da Costa da Morte, hoxe facémolo en clave electrónica. O primeiro festival de música electrónica da Costa xa é unha referencia, e este ano cumple a súa segunda edición con máis forza que nunca.
Convertindo Carnota na pequena Ibiza da Costa da Morte, o Festival Beach Party Carnota 2012 encherá de deporte e música a praia de Lariño os días venres 27 e sábado 28 de xullo.
Música, deporte e medioambiente
Pero a proposta non fica nun mero festival de música. Vai máis aló. O marco incomparable da Praia de Lariño convertirase nun auténtico centro recreativo. Os deportes acuáticos compartirán protagonismo coa música: polo día (zona BPC SUN, con acceso libre), actividades cunha orientación claramente lúdica e deportiva (fútbol praia, volei praia, kitesurf, wondsurf, bodyboard, surf, paddleboard); e pola noite (BPC MOON), dedicado ás sesións de djs.
"Para nós é vital tomar conciencia da xestión sostible". Así de firmes se manifestan os promotores da festa, que pensan en "minimizar o más posible o impacto ambiental e respectar a contorna".
Para iso, o proxecto conta cun plan de actuación: 1. Mobilidade: o concello de Carnota favorecerá a xestión eficiente do tráfico da zona para frear o impacto.
2. Limpeza: o persoal de limpeza do Concello de Carnota realizará as tarefas oportunas para manter en orde a contorna natural. 3. Control de residuos: a organización promove e garante que, na medida do posible, que se realice unha tarefa de reciclaxe.
Afianzándose en todo o país
Precisamente esa mestura de deporte e música electrónica fai que o BPC xa sexa toda unha referencia en todo o país con tan só 1 ano de existencia. I é que outro obxectivo fundamental e alicerce do festival é fomentar o turismo da zona. Do municipio de Carnota, a Comarca de Muros ou a propia provincia da Coruña.
De feito, o asistente potencial ao que apunta Beach Party Carnota 2012 provén principalmente de Galicia (focos crave como A Coruña, Santiago, Ferrol, Vigo, Sanxenxo, Malpica, Dumbría, Cee, Muros, Carballo, Santa Corda, Villagarcía, Muxía, Fisterra ou Noia).
Música de primeira
Os "deejais" da casa compaxinaranse con djs do mellor do país. Esta é a lista de Djs, confirmados:
- VIERNES 27 - SLYDEM - DJ JOSE (MÁS TEQUILA, SANTA COMBA) - DEMIAN MCNAMARA (TROULA, SANTA COMBA) - DJ FHER (TO NIGHT, SANTA COMBA) - DJ ROY MATO (FÁCTORY MÓVIL, SOCO VIMIANZO,TEYMA PONTECESO & FORMULA HIT) - DJ RAKSO(FÁCTORY MÓVIL) - DJ RAFA (AQUARIUM, SANTA COMBA & AMERICAN DREAMS, CARBALLO) - DJ CALVO (SANTA COMBA & DIVINITY, CARBALLO) - RUBÉN MARTÍNEZ (CEE) - MD-PROJECT (ORGANIZACIÓN,DIVINITY, CARBALLO & BUDA GOLD, ORDES) - DJ BYJOSE (TUBOS, SANTA COMBA) - MARTÍN ROMERO(GROOVE SOUND,VENUS CEE) - FER FISTERRA & PANA (YAIZA RECORDS & GAMROOM RECORDS) - MORRIS (POISON BAG,POBRA) & LANCHAS (POISON BAG, NOIA)
- SÁBADO 28 - JAVI GARCÍA - KRIZS(GANADORA CONCURSO & PUB MANGUERA, ARTEIXO) - GUADRI FDZ (VILLAGARCÍA) - DJ FEDERATO (CARPE DIEM, CARBALLO; TANDEM, A CORUÑA. MAMMAMUSIC) - JULIÁN GÓMEZ & VECY DEEJAY (LOCAFM, ASTURIAS) - FORGIO IBIZA (FORGIO BROS ITALY, IBIZA) - FRAN JIMÉNEZ (CANARIAS) - CARLOS RIVERA (CANARIAS) - EL POLLO ANTONIO TAYAR (CANARIAS)
Promos
Sen máis aquí vos deixamos coas tres promos realizadas ara agora, nas que a natureza é a protagonista, i é que non todo é zapatilla!
Máis información do Beach Party Carnota 2012
- www.beachpartycarnota.com.
- Facebook do BPCarnota.
- Twitter do BPCarnota.
- Venta de entradas anticipadas (O prezo da entrada é de 5 euros/1 día e 9€ o abono)
Máis información
Novas festivaleiras
- A Axenda Sonora xa resoa na Costa da Morte.
- Dous días de Festival no IX Castelo Rock de Muros.
- Unha viaxe pola historia irmandiña a través do Asalto.
- Os Irmandiños xa teñen cartel e actores para Asaltar o Castelo.
- 24 horas de natureza, praia, música, arte en Valarés.
- Moito máis que música no Sereas e Piratas de Razo.
- Malpica “josará” cos Heredeiros da Crus no Nordestazo Rock 2012.
Outras novas
- 3 Locos Costeños a ritmo de rap.
- Os Terbutalina reparten Hostias para todos.
- Unha viaxe, en formato Dogma, á loita do metal con The Gone&Lost.
- Escolma de bandas costeiras – A Axenda Sonora da Costa da Morte segue crecendo.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).