Venres. 03.12.2021
El tiempo

Cadelar: “É incrible ver cómo lles cambia a cara cando ven entrar a Nuba e o que disfrutan traballando con ela”

Cadelar: “É incrible ver cómo lles cambia a cara cando ven entrar a Nuba e o que disfrutan traballando con ela”
As garderías, os xeriátricos, os colexios, centros de día, os centros para persoas con necesidades especiais… Todos estes espazos poden contar cunha novedosa actividade para os seus usuarios, na que os animais son os principais activos. Irene, Julia e Nuba, son Cadelar Irene, Julia e Nuba, son Cadelar Hoxe queremos coñecer máis de preto o proxecto Cadelar, que estes días percorreu varias escolas da bisbarra para realizar as súas Intervencións Asistidas con Animais aos peques de varias escolas. E para iso falamos con Irene García Patiño, unha das súas responsables xunto a Julia Piñeiro. Irene é ben coñecida polas casas da Costa da Morte, pois foi veterinaria durante 10 anos na zona, e foi a alma pioneira do proxecto Salvacadelos que tan funciona aínda na rede gracias ao incrible traballo das veterinarias da Clínica Veterinaria Argos de Cee.  
  • QPC: Como están sendo estas primeiras experiencias? Como foi esta semana polos coles da bisbarra?
Están sendo moi gratificantes polas respostas moi positivas dos participantes nas actividades, tanto nenos como profesores. E todo gracias a colaboración da Asociación Aloumiños, que conseguiu abrir as portas destes colexios para poder traballar pola inclusión dos rapaces con discapacidade. Estivemos en Laxe, Baíñas, Carnota, Buño e dous días en Carballo e en todos os coles os nenos quedaron con ganas de pasar máis tempo con Nuba. E sobretodo os nenos con diferentes capacidades disfrutaron moito de poder compartir unha actividade co resto dos seus compañeiros de clase.  
  • QPC: Como nace Cadelar?
Julia e máis eu somos veterinarias, e despois de moito tempo traballando en clínica queríamos dar un novo rumbo ás nosas carreiras. Formámonos no campo das Intervencións Asistidas con animais e decidimos poñelo en práctica.  
  • QPC: Que son as Intervencións Asistidas con animais? A quen van dirixidas?
As Intervencións Asistidas con Animáis (IAA) son programas deseñados para promover melloras na calidade de vida da xente a través do contacto con animais. Nós traballamos cunha cadela porque rapidamente crea un vínculo emocional co usuario favorecendo a participación do mesmo nas actividades. Dentro das Intervencións diferéncianse tres tipos: - Terapia: dirixido á xente con discapacidade física ou mental ou deterioro cognitivo. - Educación: dirixido á nenos con ou sen necesidades educativas especiais. - Actividades: dirixido á todo o mundo, pois teñen un obxectivo lúdico.  
  • QPC: Supoñemos que Nuba é un can especial, ou vale calquera?
Si, Nuba é unha cadela especial. Foi seleccionada de cachorra polo seu temperamento tranquilo e pola súa sociabilidade. Dende pequeña xa é visitante asidua de varios Centros de día para persoas maiores onde foi aprendendo a traballar. Ademais está adestrada en positivo, para responder adecuamente as diferentes ordes que facemos durante as actividades. En definitiva, non vale calquera can, ten que ser un can cun bo carácter, ser sociable, ser predecible, non ter medos, a ademais, ten que ser un can que disfrute traballando. O benestar animal é un dos nosos valores.  
  • QPC: Ademais, tamén pasades por centros para maiores ou con centros para persoas con necesidades especiais?
Traballamos en varios Centros de día para persoas maiores. É incrible ver cómo lles cambia a cara cando ven entrar a Nuba e o que disfrutan traballando con ela. cadelar-intervencions-asistidas-con-animais Cadelar realiza Intervencións Asistidas con Animais en escolas, centros para maiores ou para persoas con necesidades especiais
  • QPC: Pasaches 13 anos coidando centos de animais da Costa da Morte na Clinica Veterinaria Argos de Cee. Que che aportou?
Aportoume moita experiencia clínica, pois atendíamos diariamente a moitos animais e tamén doume a oportunidade de facer moi bos amigos.  
  • QPC: Cóntasnos un par de anécdotas singulares que lembres con cariño da túa experiencia na bisbarra?
Non é doado escoller duas anécdotas, porque en 13 anos acumuláronseme tantas que podería escribir un libro. Pero nunca esquecerei a unha señora de Camelle que vivía nunha casiña moi pobre, que despois de irlle á casa a ver a súa cadeliña, emperrouse en agasallarnos á miña compañeira e a min cunhas chaquetas de traxe cor pastel. Costounos moito convencela de que llo agradecíamos moito pero que non as podíamos levar.   Se estades interesados nas súas Intervencións, podedes contactar con elas no 655 679 170, en [email protected] ou no Facebook de “Cadelar, Intervencións Asistidas con Animais”.  

Novas relacionadas

Fonte

comentarios