Domingo. 15.09.2019
El tiempo

As eleccións de Carnota xa teñen candidatos

As eleccións de Carnota xa teñen candidatos
Tino Gonzalez candidato do PP de Carnota-Foto-Rafa Quintans Tino González, natural de Pedrafigueira candidato do PP de Carnota-Foto-Rafa Quintáns Queda pouco para os comicios do 26 de maio de 2019. E os partidos van tomando posicións. Así o fan en Carnota, onde despois da confirmación de Tino González como candidato do PP, esta fin de semana presentábase o candidato do BNG, mentres o PSOE aproveitaba para anunciar o relevo de Suso Campos. Milucho Louro e José Manuel Rama Saborido,  competirán por unha alcaldía que deixa Ramón Noceda despois de 8 anos de goberno nacionalista.  

Un liracho no PSdG

Juan Manuel Saborido Rama, coñecido como "Moma", é o candidato do PSdG de Carnota para as eleccións 2019 Juan Manuel Saborido Rama, coñecido como "Moma", é o candidato do PSdG de Carnota para as eleccións 2019 Juan Manuel Saborido Rama, coñecido como “Moma”, foi finalmente convencido por Suso Campos para pelexar pola alcaldía carnotá. Moma, natural de Lira e traballador de Prodemar, xa foi a súa man dereita cando formaron parte do goberno entre 2011 e 2015, e agora aspira a alzarse como primiero alcalde socialista da historia de Carnota

Un de Lariño polo BNG

MIlucho Louro con Ana Ponton Moncho Noceda, Ana Pontón, Milucho Louro e Xosé Manuel García, ex alcalde carnotán do BNG Xa o actual alcalde, Ramón Noceda, avisara hai tempo que esta ía ser a súa última lexislatura. Despois de 16 anos de goberno (dúas lexislaturas entre 1983 e 1987 e estas dúas dende 2011 a 2019) Noceda deixa paso a Milucho Louro, un home de mar que pretende revalidar a alcaldía. Era presentado este pasado venres, coa presencia da voceira nacional Ana Pontón, como “a garantía para continuar co traballo transformador” iniciado polo BNG no concello. Pontón aproveitou para salintar o traballo (destacando o proceso de saneamento económico) de Noceda, e asegurou que Louro é “unha aposta segura” e unha “garantía de transparencia e rigor”. Louro asume o reto con “grande responsabilidade”, e afronta unha liña de “continuidade para sanear as contas e innovación” para “frear o declive demográfico” a través da ”ilusión”. Cheo no Salon de Plenos do Concello para a presentacion de Milucho Louro como candidato do BNG 2 Cheo no Salon de Plenos do Concello para a presentacion de Milucho Louro como candidato do BNG

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/varias-novidades-entre-os-candidatos-do-pp-as-alcaldias-dos-concellos-do-px-de-corcubion/ https://quepasanacosta.gal/varias-novidades-entre-os-candidatos-do-pp-as-alcaldias-dos-concellos-do-px-de-corcubion/ https://quepasanacosta.gal/suso-campos-non-podera-ser-o-candidato-do-psdg-en-carnota/ https://quepasanacosta.gal/milucho-louro-candidato-do-bng-para-relevar-a-moncho-noceda-na-alcaldia-de-carnota/

Comentarios