![]()
Aproxímanse as datas nas que Carnota celebra a súa
mostra "Víndemo Ver" que coincide sempre coa celebración da Semana Santa. Por este motivo, o departamento de Deportes acaba de abrir as inscricións para a
VI ruta BTT e
V carreira Viquinga.
A ruta en bicicleta terá lugar o día 13 de abril, coincidindo coa festividade do xoves santo. A meta estará colocada na porta do concello e a saída está prevista para as 10:30 horas. Será na propia casa do concello onde, a partir das 9 horas, se entregarán os dorsais e as camisetas da proba. Haberá un servizo de gardarroupa e un sorteo. A principal novidade desta sexta edición da ruta BTT é que haberá dúas rutas; unha longa de 35 quilómetros e outra curta de 25. As inscricións poden efectuarse a través da
web municipal ata o domingo 9 de abril ou ata acadar os 300 participantes. O prezo é de 5€ e gratis para os menores de idade.
![]()
Xa o sábado 15 de abril, terá lugar a V carreira Vikinga cunha distancia de 18 quilómetros para a categoría absoluta, 3 quilómetros para os Cativos II, un quilómetro para os Cativos I e 300 metros para a categoría de pitufos. Os dorsais poderán recollerse na casa do concello dende as 9 horas para que ás 10:30 horas arranque a carreira.
As inscricións poden efectuarse na
páxina web de Galitiming e a data límite é o luns 10 de abril ou ata acadar os 250 participantes. O prezo da inscrición é de 5€ e gratis para os menores de idade.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
Concello de Carnota