Venres. 29.03.2024
El tiempo

Carnota abriu as portas ás meigas do Samaín

Carnota abriu as portas ás meigas do Samaín

Complicado foi este ano seguir o Samaín. A ponte obrigou a celebrar o pasado venres 28, esta festa tradicional galega recuperada nos últimos anos polas escolas do país.

Hoxe, mentres agardamos polo ditame do certame de murais en galego para festexar o Samaín co SNL de Zas, imos ata Carnota, onde o Salón de Actos do Concello abriu as súas portas para os pequenos trasnos, bruxas, meigas, morcegos, mortos vivintes e demáis especies ás cinco da tarde. Cunha decoración do máis fantasmagórica, cheo de cabazas espeluznantes coas súas respectivas candeas, as persoaxes fóronse acomodando para meter medo a pequenos e maiores do Concello carnotán.

Tres bruxas boas explicáronlles a tradición do Samaín e presentáronlle a un par de magos, Gran Pedrini e o Mago da boina, que fixeron un fantástico espectáculo facendo partícipe ao público, tanto aos nenos coma aos maiores, usuarios do centro de día municipal.

Ao remataren, unha das bruxas boas levou aos rapaces a un apartado para contarlles lendas de medo, mentres as outras dúas lles preparaban unha merenda a base de lambetadas de “truco ou trato”.
Cando xa ían cansados da comida, douse paso a un obradoiro de maquillaxe das caras, onde non faltaron colmillos con sangue, morcegos xigantes, etc…
As oito da tarde deuse remate á festa do samaín con gran satisfacción.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Concello de Carnota.

Comentarios