Carnota busca persoal para cubrir as 15 prazas de peón de limpeza de praias de cara ao verán

14:46 27/05/21
Abre o Concello de Carnota o proceso de selección de persoal para a contratación temporal de 15 peóns de limpeza de praias para este verán de 2021.
O programa MA100, de subvencións para a limpeza de praias marítimas, está financiado ao 100% pola Deputación da Coruña.
As persoas interesadas en participar no proceso selectivo terán data o mércores día 2 de xuño.
As bases poden consultarse no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello e na paxina web municipal e poden entregarse no Concello ou pola sede electrónica.