![]()
O concello de Carnota vén de poñer en marcha un proxecto de voluntariado ambiental co fin de preservar os valores naturais do municipio.
Os voluntari@s levarán a cabo accións de limpeza da marisma, do sistema dunar e do litoral de Carnota; limpeza e recollida de residuos nos regatos na súa parte final de marisma, identificación e demarcación de especies vexetais, labores de mantemento da vexetación da contorna do Lic Carnota- Monte Pindo, desbroces e acondicionamentos vexetais e realizarán exposición fotográfica ao final do programa.
Os interesados poden solicitar máis información no número de teléfono 981 85 70 32.
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Concello de Carnota