Domingo. 28.04.2024
El tiempo

Carnota celebrou o 8M cunha cadea humana e unha charla de mulleres

Merche Diaz Mayan de Sonlila en Carnota
Merche Díaz Mayán, de Sonlilá, presentando a xornada de mulleres
Carnota celebrou o 8M cunha cadea humana e unha charla de mulleres

Mañá reivindicativa esta de domingo por Carnota co gallo do Día Internacional da Muller. O evento arrincaba na Praza da Pedra, onde fixeron a quedada e debullaron a historia do 8M e da asociación convocante Sonlilá. Foi Adhara a que puxo a nota musical cun temazo especial para a data.

Lectura do Manifesto do 8M pola Asoc Sonlila en Carnota
Lectura do Manifesto do 8M pola Asoc. Sonlilá en Carnota

Aguantou o tempo a pesar dunha pequena ameaza camiño do areal. Na entrada da praia, as mulleres de Sonlilá onde leron o manifesto da Marcha Mundial das Mulleres, e de seguido baixaron os pés á area para facer a simbólica cadea humana. Ademais, lanzaron unhas flores en homenaxe á eterna compañeira Marupe.

Cadea de Mulleres con Sonila en Carnota
Cadea de Mulleres con Sonila en Carnota

Xornada sabatina

Mesa de Mulleres en Carnota polo 8M

Un día antes, o sábado, o Salón de Actos do Concello acolleu unha charla-debate sobre o pasado, presente e futuro da loita feminista. As protagonistas foron mulleres da vila, como Nerea Cortés, Paula Casais, Francisca Martínez, Jéssica Martínez, Olga Costa, Consuelo Lamela e María Vázquez, que irán respondendo ás preguntas da moderadora, a profesora de antropoloxía Lupe Ximénez, que quedou encantada coas aportacións das bravas mulleres carnotás.

Máis novas do 8M

 

Comentarios