Festa escolar cultural e reivindicativa polo 8M no pavillón de Muros
O Concello de Muros celebrou o Día da Muller cun acto coa comunidade educativa no que participaron máis de 300 nenos e nenas.
O acto celebrouse na pista deportiva do IES As Ínsuas, coa presenza do alumnado do centro anfitrión, das escolas de educación infantil de Muros e Tal, do CEIP Ricardo Tobío, CEIP Ramón de Artaza e o IES Fontexería.
Alumnos e alumnas de cada centro leron un manifesto reivindicativo polo 8M e houbo tamén o espectáculo ‘Leo Leíño’ “pola Igualdade dende a Maxia”.
A alcaldesa, María Lago, animounos “a loitar polos vosos ideais, que ninguén vos diga o que podedes facer e o que non podedes facer”, facendo un chamamento “a traballar de forma conxunta para que chegue a igualdade real e efectiva á nosa sociedade”.
Ata o día 22 de marzo seguirán as actividades por todo o Concello de Muros con motivo do Día da Muller.