Carnota convírtese nunha feira de comezos do século XX por Semana Santa

Como viña sendo habitual antes da pandemia, a mostra contará con unha gran variedade de produtos da horta, ecolóxicos e de proximidade, xunto cun amplo abano de postos de artesanía de creadores locais. Esta edición todolos postos estarán dentro do “Mercado da Deputación“.
Este ano a programación é do máis completa e vai dende as xa habituais BTT (que contará ca versión curta de 30km e ca longa de 50) e andaina de arredor de 10 km onde se realizará parte do camiño que antigamente facían as mulleres para ir vender os produtos da agro e o leite a Muros. As probas terán lugar o venres 15 e o sábado 16 respectivamente con saída ámbalas dúas ás 9:30 dende a praza do Concello. Aínda estades a tempo de formalizar as inscricións en www.galitimng.com. están dispoñibles.
Tamén haberá actividades lúdicas para a rapazada, maxia, xogos tradicionais e busca do tesouro, música tradicional amenizando o ambiente, a presentación do libro “O Mergullador Atlántico” de Fernando Patricio Cortizo, etc. e para amenizar as noites haberá música e teatro. O venres 15, Quico Cadaval e Celso Sanmartín presentarán o espectáculo “Contos de vellas” e para rematar, un concerto de Pablo Balseiro. E o sábado 16, temos noite de concertos con “De Vacas” e “A Banda de Balbina”.
Tendes toda a programación web municipal carnota.gal
Novas relacionadas
- Programa 2022: A Mostra Víndemo Ver de Carnota volve engalanada.
- Víndemo ver 2018: Víndemo Ver, unha Mostra para seguir reincidindo no produto da casa.
- Víndemo Ver 2017: Houbo que ir ver Carnota por Semana Santa