xoves. 01.05.2025
El tiempo

Carnota é túa, a nova campaña turística

Carnota é túa, a nova campaña turística

Este vindeiro venres día 16 de febreiro o Concello de Carnota acolle presentación oficial da nova campaña de comunicación e promoción turística municipal: "CARNOTA é túa!". O evento terá lugar ás 20:00 no edificio da Lonxa Vella (Portocubelo, Lira), a causa das obras que se están a realizar na sala de plenos do Concello.

A presentación servirá para presentar o novo vídeo institucional e turístico de Carnota, a renovación da páxina web oficial, a presentación das redes sociais e o material impreso de promoción turística.

Ao evento asistirá o equipo de goberno, o equipo técnico e artístico do vídeo e varios representantes institucionais: Xosé Regueira, Deputado de Turismo (Deputación da Coruña), e Juan José Blanco, Presidente do Consorcio de Turismo da Costa da Morte. Ademais, ao remate, contarán coa actuación especial de Alonso Caxade, responsable da banda sonora orixinal do vídeo.

Fonte

  • Carnota.

Comentarios