Carnota espalla a súa maxia natural con 3 rutas de sendeirismo

Interesante aposta natural a que ofrecen o Clube O Jerreiro e o Concello de Carnota para estes vindeiros meses. Un programa de rutas de sendeirismo por distintas parroquias do concello para descubrir e gozar de paraxes máxicas da contorna atlántica carnotá.
Son 3 rutas circulares, de dificultade media, sinalizadas para este programa que sairán ás 10:00h.
O domingo 9 de febreiro arrinca o prohrama con saída dende a Gándara de Lariño.
A segunda cita será o domingo 16 de marzo con saída dende Mar de Lira.
E finalmente o domingo 6 de abril realizarase outra escapada con saída dende o Concello de Carnota.
Inscricións
Cómpre realizar a inscrición, antes das 12:00 horas do xoves previo a cada ruta, a través do whastapp da entidade (610228083).
Para os socios é de balde, e para o non socios o cueste é de 3€ por ruta que se ingresará no seguinte número de conta: ES84 2080 0334 8731 1000 0035. No concepto deberá indicarse o nome/s do/s participante/s e a ruta na que se participa polo menos con 2 días de antelación á celebración da ruta.