Domingo. 28.11.2021
El tiempo

Carnota inclúe o Concurso de Fotografía Mariñeira no I Festival de Artes Escénicas “Mar de Pedras”

Concurso fotografia marineira Carnota copia
Carnota inclúe o Concurso de Fotografía Mariñeira no I Festival de Artes Escénicas “Mar de Pedras”

O Concello de Carnota organiza o III Concurso de Fotografía Mariñeira que ten como finalidade amosar e por en valor o patrimonio natural, etnográfico e cultural do municipio a través da fotografía relacionada co mar.

Esta actividade está incluída dentro da programación da I Festival de Artes Escénicas “Mar de Pedras” que terá lugar o vindeiro 10, 11 e 12 de decembro de 2021 na Lonxa Vella de Lira. Durante a celebración do evento realizarase a entrega de premios e poderase visitar a exposición das fotografías finalistas deste concurso.

O prazo de inscrición estará aberto dende o 5 ao 20 de novembro de 2021. Máis información e bases do concurso nesta ligazón.

comentarios