Luns. 07.10.2024
El tiempo

Carnota prepara unha Semana Santa chea de artesanía e deporte

Carnota prepara unha Semana Santa chea de artesanía e deporte
mostra vindemo ver carnota   Completísimo o programa da V Mostra Víndemo Ver que está a preparar o concello de Carnota para a vindeira Semana Santa. A mostra desenvolverase na praza de San Gregorio, do 24 ao 27 de marzo, en horario de mañá e de tarde (de 11 a 15 horas e de 17 a 21 horas). Unha das patas principais destra mostra é a feira de artesanía na participan varios artesáns que ofrecerán varios obradoiros en vivo. Así mesmo contarán coa súa propia exposición de productos. Nacho Porto (cerámica), Cerámica Unzueta, Charamusca (cartón-piedra), taller Nordés (cerámica), Coiro Enxebre (marroquinería), La Aguada Artesanía (esmalte), Anahí Cachaza (textil), Llue Vidrieros, Os Alegres (instrumentos musicais) e Óscar Barros (artesanía en prata) serán algúns dos artesáns que expoñerán na mostra de Carnota. A feira de artesanía estará acompañada dun mercado de productos agrícolas e gandeiros onde os comerciantes locais venderán productos da zona tales como mel, marmeladas, xabróns, cervexa, animais de curral, prantas ornamentais,... Ademais, os creadores locais terán o seu propio stand no que expoñerán cestos, patchwork,... Durante estes catro días, tampouco faltará a música tradicional, os obradoiros infantís e outras actividades deportivas e culturais dirixidas a todos os públicos. Ruta BTT Ao igual que as anteriores edicións, a V Mostra Víndemo Ver inclúe unha ruta BTT que terá lugar o xoves 24 de marzo. A saída será ás 10:30 horas da casa do Concello e serán 35 quilómetros de percorrido polo monte no que os participantes desfrutarán dunhas impresionantes vistas. Os interesados en asistir á ruta BTT xa poden facer a súa inscrición no páxina web do concello de Carnota. Teatro e obradoiros O venres e o sábado santo o concello ofrece unha serie de actividades, dirixidas aos diferentes públicos, para as cales conta coa colaboración das asociacións do municipio. Entre outros eventos, haberá teatro de rúa, obradoiros de chapas, de camisetas e de instrumentos tradicionais. Na noite do sábado os máis rockeiros terán unha cita con grupos como Animais Soul, Nano, Tanto Ten, Alan Parsons e Acoustic Project. Os concertos comezan ás 22 horas. Xa o domingo volve o deporte coa carreira Viquinga de Carnota que partirá ás 10:30 horas da casa do concello e na que haberá premios para as distintas categorías. Víndemo Ver é unha iniciativa municipal que ten como obxectivo dinamizar os diversos sectores económicos da zona así como promover os seus recursos.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios