Luns. 29.04.2024
El tiempo

Carnota promove o uso do galego nas crianzas a base de contos

Pablisimo en Carnota
Pablísimo en Carnota
Carnota promove o uso do galego nas crianzas a base de contos

Arrincou a semana pasada o programa de actividades de dinamización lingüística na primeira infancia para o mes de abril organizadas polo Concello de Carnota, a través do SNL, dentro do programa Apego. Foron os Contos de Pablísimo os que trouxeron a Cabicivai o pasado día 6 ao Salón de Actos do Concello. Foi espectáculo sorprendente, lindo e coidado, que engaiolou a miúdxs e maiores de comezo a fin.

Apego Carnota Mes do Libro

O programa para este mes de abril, programadas tamén arredor do lema “Abril, mes do libro” e co obxectivo, ademais de favorecer a crianza e a socialización en galego, achegar as nenas e os nenos ao mundo do libro e da lectura dun xeito lúdico, continúan o vindeiro sábado, 20 de abril.
A cita será ás 17:30h con Caxoto e Marc Taeger e o espectáculo de narración oral con ilustración e vivo. Un man a man escénico do ilustrador Marc Taeger e o contador de contos Caxoto repleto de vitalidade, situacións esperpénticas, personaxes inesquecibles, creatividade desbordada, algunha que outra liorta e moitísima diversión. Está recomendada para crianzas a partir de 3 anos.

E pare pechar o mes, o venres 26 de abril, ás 17:30h, Migallas Teatro traerá “Os contos do chupete”, un espectáculo de contos e cantos para bebés que integra música en directo, tradición oral e literatura infantil. As crianzas poderán chuchar contos, cancións e arrolos ata encher a barrigola nesta proposta para gozar en familia.

Máis novas

 

Comentarios