Mércores. 05.05.2021
El tiempo

Carnota propón un novo semestre de actividades deportivas

ACTIVIDADES DEPORTIVAS FEBREIRO XUÑO 2020-Carnota
ACTIVIDADES DEPORTIVAS FEBREIRO XUÑO 2020-Carnota
Carnota propón un novo semestre de actividades deportivas

O Concello de Carnota publica hoxe o novo calendario de actividades deportivas para este primeiro semestre de 2021, e abre o prazo de inscrición. Serán actividades individuais e sen contacto, sempre con máscara, e cómpre realizar inscrición previa, do 19 de xaneiro ao 1 de febreiro (ambos incluídos), no Departamento de Deportes do Concello de Carnota, no 647459445 ou en [email protected]

A oferta é a seguinte:

  • 𝐁𝐀́𝐃𝐌𝐈𝐍𝐓𝐎𝐍, para a rapazada nada entre 2006 e 2014. Os xoves de 18:00 a 20:00.
  • 𝐓𝐄𝐍𝐈𝐒 𝐃𝐄 𝐌𝐄𝐒𝐀, para a rapazada nada entre 2009 e 2012. Os martes de 19:00 a 20:00. Para os nados entre o 2005 e 2008, os mércores de 20:00 a 21:00.
  • 𝐑𝐔𝐍𝐍𝐈𝐍𝐆, para maiores de 16 anos. Os martes de 20:15 a 21:15.
  • T𝐄𝐍𝐈𝐒, para a rapazada nada entre o 2009 e 2012 os venres de 19:00 a 20:00. Para os nados entre o 2005 e 2008, os venres de 20:15 a 21:15..
  • 𝐗𝐈𝐌𝐍𝐀𝐒𝐈𝐀 𝐃𝐄 𝐌𝐀𝐍𝐓𝐄𝐌𝐄𝐍𝐓𝐎 𝐒𝐄́𝐍𝐈𝐎𝐑, para maiores de 65 anos. Os martes e venres de 16:00 a 17:00 ou de 17:30 a 18:30.

comentarios