Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Carnota reafírmase como centro de agricultura ecolóxica con premios e cursos

Carnota reafírmase como centro de agricultura ecolóxica con premios e cursos

Segue Carnota sendo o epicentro da Agricultura Ecolóxica da Costa da Morte. I é que as apostas particulares compaxínanse agora cuns novedosos cursos que impartirá o Concello a vindeira semana. Pero comezamos polo particular.

I é que hai un par de semanas a xente da Cooperativa de Agricultura Ecolóxica Raínha Lupa de Quilmas recibían un premio a nivel galego. A entidade Verdegaia, unha das asociacións conservacionistas máis importantes do país, outorgábanlle o Premio Semente. Un premio que recollían Lucía Ferreiro e Xosé Manuel Casais en nome de tod@s @s brav@s do sacho que forman a familia ecolóxica de Quilmas.

Lucia Ferreiro e Xose Manuel Casais, da Cooperativa de Agricultura Raínha Lupa de Quilmas, recollendo o Premio Semente 2012 de Verdegaia

Novos cursos municipais

Dentro do Plan de dinamización do agro, o Concello de Carnota artella dous novos cursos, un de agricultura ecolóxica e outro de aproveitamento do monte.

- Curso de agricultura ecolóxica.
O vindeiro luns 8 de outubro comeza un curso de agricultura ecolóxica dirixido a parados e traballadores en activo. O curso terá unha duración de 40 horas, e desenvolverase en xornadas de 4 horas lectivas ata o 13 de outubro. Ó remate do curso realizarase unha viaxe formativa.
Debe anotarse no Departamento de Desenvolvemento Local ou ben no teléfono 981 85 70 32.


- Curso de aproveitamentos do monte-
O vindeiro 17 de outubro comeza un curso de aproveitamentos do monte dirixido a parados e traballadores en activo. O curso terá unha duración de 40 horas, repartidas en 32 teóricas e 8 prácticas. Ó remate do curso realizarase unha viaxe didáctica para visitar comunidades de montes.
O prazo de inscrición estará aberto ata o lúns 15 de outubro, e debe facerse no Departamento de Desenvolvemento Local ou ben no teléfono 981 85 70 32.

Máis información

  • Para máis información Departamento de Desenvolvemento Local (Lola) do Concello de Carnota ou no 981 857 032.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios