Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Iván Rojo, esperanza goleadora en Baio

Iván Rojo, esperanza goleadora en Baio
Iván Rojo, carballés, talento de ataque para un Baio necesitado de gol. Dende que chegou xa iniciada a tempada o habilidoso dianteiro leva 3 tantos en 13 partidos. Os seus rexistros de outros anos fan pensar que de aquí a final de campionato pode anotar goles decisivos para a permanencia do Baio. Así o esperamos. Criado na canteira do Bergantiños, cun paso fugaz por aquel Cabana xuvenil de Liga Galega, xogou 3 tempadas no Sofán, co que ascendeu a 1ª Galicia, e 1 no Paiosaco en Preferente, para volver ó Sofán despois do ascenso destes a Preferente. Este ano problemas de índole laboral fixeron que tomara rumbo a Baio para axudar no posible ó equipo do Platas Reinoso. QPC - O domingo pasado sacastes un bo punto en Lalín, nun campo moi complicado. Pode ser un inicio para unha boa xeira que leve á salvación? Si, conseguimos sacar un punto nun campo dos mais difíciles da categoría ante un gran equipo. O partido foi moi igualado, conseguimos tapar ben o seu poderío ofensivo e faltounos algo de chispa arriba. Calquera dos dous equipos puido levar a victoria. QPC - O equipo leva varios partidos sen anotar tantos. Cres que romperedes pronto esta dinámica? Si, é certo que nos esta a costar anotar goles. Hay xogadores que veñen de lesións, e non estamos no noso mellor momento, pero coa calidade que hay non creo que tarden en chegar. QPC - Como foi a túa integración na plantilla? Estou moi contento de como me recibiron dende o primero día, o Baio ten un vestiario dez. QPC - Que che pide que aportes ó equipo o adestrador Diego Díaz? Estou a xogar de dianteiro, non e a miña posición ideal pero intento axudar ó equipo con traballo, e os goles espero que cheguen pronto. O Baio está a sufrir para manter a categoría QPC - Iniciaches a tempada en Sofán. Qué te levou a aceptar a oferta do Baio? O traballo non me permitía adestrar e competir como eu quería en Sofán, e o Baio doume a opción de poder compaxinar traballo e fútbol, e ademais polo estilo de xogo que ten o Baio creía que me podía beneficiar fichar aquí. QPC - A vosa situación clasificatoria é complicada, agora mesmo en postos de descenso por arrastres. Como o estades a levar dentro do vestiario? É unha situación que non gusta, sempre se vai adestrar doutra maneira cando as cousas saen ben, pero entre todos se seguimos traballando estou seguro de que sairemos de ahí. QPC - Onde está a chave para salvarse? A salvación depende de nos mesmos, xa que temos que enfrentarnos contra rivais directos. QPC - En algún momento o equipo acusou o nerviosismo de ver que as cousas non saen como esperábades? Nerviosismo non, porque depende de nos e estamos a traballar ben, e seguro que pronto chegan as victorias, pero si que non gusta verte ahí abaixo. QPC - O que parece que queda claro xornada a xornada é que a afección apoia ó equipo ó máximo. O outro día en Lalín desplazáronse bastantes seareiros a animarvos. Este día en Lalín, parecía que xogabamos na casa. Eu animo a que sigan apoiando ó equipo así, que entre todos sacaremos isto adiante. QPC - Como ves ós teus ex equipos? O Paiosaco está a un paso de ascender a 3ª división, toda unha fazaña. Son dous equipos que levan anos traballando moi ben, o Paiosaco seguro que vai ser equipo de 3, e o Sofán seguirá outro ano en Preferente, alégrome moito por eles! En Sofán deixou unha fonda pegada

Comentarios