Martes. 15.10.2024
El tiempo

Carnota si está pola Costa da Morte pero non pola CMAT

Carnota si está pola Costa da Morte pero non pola CMAT
Hai pouco Carnota acollía unha xuntanza comarcal do BNG polo caso Ferroatlántica Hai pouco Carnota acollía unha xuntanza comarcal do BNG polo caso Ferroatlántica

Hai pouco explicábannos denden a CMAT que “o Concello de Carnota non quería estar na Costa da Morte”, sinalando ademais que o Concello non pagaba as cotas ou non asistía as reunións.

Hoxe, o grupo do BNG no goberno carnotán considera que estas declaracións “son simplemente inventadas”, e asegura que “o BNG é unha das organizacións que máis (senón a que máis) pulou pola comarcalización real do noso territorio. Pola contra outras organizacións si presentes na entidade nunca apostaron pola Costa da Morte senón por estas comarcas artificiais de poucos concellos que existen oficialmente”.

”Carnota non forma parte da CMAT, polo que para asistir ás súas xuntanzas ou pagar as súas cotas, terá que incorporarse antes. Acaso pretenden que a veciñanza de Carnota abone as cotas dunha entidade da que non é socia, e cando o noso municipio nin sequera figura nos plans e estratexias desta entidade, centrada case ao cento por cento no Camiño de Santiago?”, pregúntanse.

Por que Carnota non se incorporou aínda ao CMAT? “Morre un chiringuito, nace outro”

O goberno municipal de Carnota non concorda coa forma en que se puxo en marcha esta entidade, “desde arriba para abaixo”, concedéndolle discrecionalmente a condición de "único interlocutor válido" coa Xunta, sen apenas contar coa opinión das entidades públicas afectadas, explican,

”O goberno de Carnota non vai aprobar que ante a quebra dun histórico e problemático chiringuito na Costa da Morte, a Asociación Neria, se veña a substituír por outro de similares características, e que por enriba a Xunta tutele a operación e se tente obrigar aos concellos a achantar co modelo imposto con técnicas tan burdas coma a de falsificar a opinión dos rexedores críticos para forzalos a aceptar a entrada no ente”, sinalan.

Por todo iso, “o BNG de Carnota esixe que o artellamento das tan necesarias estratexias turísticas integrais para a Costa da Morte se fagan desde o consenso, a paridade (como mínimo) entre o público e o privado, a participación democrática e a transparencia, de xeito que pasemos a páxina de erros que deben ser superados e comecen a primar os intereses de toda a veciñanza da Costa da Morte, pois dela son os recursos que manexamos, e non só duns poucos empresarios astutos e ben relacionados que viron a oportunidade de facer o seu agosto”.

Novas relacionadas

Fonte

  • BNG de Carnota.

Comentarios