Miguel de Lira, premio de Honra do Festival de Teatro Galego do Carballiño
23:40 02/09/19
O carnotán Miguel de Lira, premio de Honra do Festival de Teatro Galego do Carballiño
Do 2 ao 6 de setembro celébrase no Carballiño a 30ª edición do Festival de Teatro Galego (Fetega). Unha edición que terá acento costeiro, pois o permio de Honra da organización vai para o actor e cofundador da compañía Chévere Miguel de Lira.
O Festival considera “imprescindible” a súa achega ao mundo das artes escénicas. O actor liracho, que xa ten o seu Xograr de Outono, segue tremendamente vencellado á súa terra, como o demostra a súa total involucración na posta en escea do Festórreo.
Precisamente esta edición está sendo polémica pola renuncia do Concello de Ourense a manter as súas subvencións a un dos festivais máis importantes do país.