Domingo. 28.04.2024
El tiempo

A Comunidade escolar do CEIP de Carnota critica que se teña que precintar o patio ante a falta de mantemento

  • Dende o Concello sinalan que están traballando no tema
Patio infantil do cole de carnota precintado
Patio infantil do cole de Carnota comezou o curso precintado
A Comunidade escolar do CEIP de Carnota critica que se teña que precintar o patio ante a falta de mantemento

Arrincou o curso en todo o país, pero hai centros nos que os risos de volver ver aos amigos conflúen cos lamentos por non poder utilizar o prezado patio. Así acontece no CEIP de Carnota, onde o centro se viu obrigado a precintar unha parte do patio infantil debido a falta de mantemento.

Dende a ANPA lamentan que non se realizase ningunha mellora durante este verán (nin os pasados invernos) a pesar de ter realizado e enviado un informe de necesidades e desperfectos.

O centro informaba ás familias que ten solicitado ao Concello a revisión de elementos como a fixación do columpio, a eliminacion de bordes cortantes, pero que debido á falta de acción municipal tiveron que pechar. O centro presentará unha queixa formal.

Deficiencias no Cole de Carnota 1
Algunhas deficiencias no parque infantil do centro

Dende o concello sinalan que levan 2 semanas traballando tanto no centro de Carnota como no do Pindo, facendo mantemento. “É certo que faltan algunhas cousas”, explica o alcalde Juan Manuel Saborido “Moma”, pero xa fixemos limpeza integral dos dous centros, e estanse pintando un par de salas para nen@s con necesidades especiais no centro do Pindo. Agora falta que o carpinteiro vaia mellorar o Parque infantil do centro de Carnota, pero vaise facer en breve, xa ten o carpinteiro os deberes postos. Espero que esas cousas que se corrixan canto antes”, sinala o alcalde.

Comentarios