Martes. 23.04.2024
El tiempo

De cogomelos a marmeladas en Lira

De cogomelos a marmeladas en Lira
  • Achégate ao mundo da micoloxía con Portaventosa e a Estrada Micolóxica e fai a túa marmelada de cogomelos con Meigamoura.
Setas-Portaventosa1 Portaventosa arma unha cita de cogomelos e marmeladas Gustaríache ir recoller fungos, pero non sabes diferencialos? Es amante da cociña? Pois é o momento de aproveitar. Temos apuntadas varias citas micolóxicas para estas semanas pola zona pero faltábanos unha ben interesante. O Albergue de Lira Portaventosa, coa colaboración do colectivo A Estrada Micolóxica e Marmeladas Meigamoura, acollerá o vindeiro sábado, 14 de novembro, unha xornada de introdución á micoloxía na que as persoas participantes tamén poderán realizar a súa propia marmelada de cogomelos. A xornada comezará ás 10.30 da mañá cunha charla introdutoria a cargo de Merche Nodar, do colectivo A Estrada Micolóxica. Tras esta primeira achega teórica, realizarase unha saída de campo pola contorna de Carnota, procurando diferentes hábitats, na que as persoas participantes poderán poñer en práctica os coñecementos adquiridos ou os sabidos, mellorando e actualizando ambos. Se o tempo o permite comeremos no campo, así que cada participante deberá traer o seu xantar. Pola tarde, a partir das 17,30 h, realizarase nas instalacións do albergue unha posta en común das diferentes especies de cogomelos atopados durante a saída de campo, aprendendo a limpalos e descubrindo as alternativas gastronómicas que cada un pode ofrecer. Xa no serán, sobre as 19.00 h, será a quenda de Paula Patiño, socia fundadora de Marmeladas Meigamoura, un proxecto nacido en Cecebre pero recoñecido internacionalmente (neste sector), xa que hai poucos meses a súa marmelada de mandarina foi premiada en Inglaterra na: Dalemain Marmalade Awards. Coa axuda de Paula cada persoa aprenderá, e realizará, a súa propia marmelada de cogomelos que poderán levar para a casa. Pola noite tocará degustar os sabores do recollido na saída ao campo, cunha cea temática no propio albergue.

Máis información e inscricións

Xornadas-micoloxicas_portaventosa A participación nesta xornada está aberta a todas as persoas: iniciadas, curiosas ou novatas. O coste de matrícula para as charlas e obradoiros é de 15 €, se se reserva antes do venres 5 de novembro, e de 20 € nos días posteriores. A matrícula para os menores de 15 anos será de 5 €. A cea, a parte, terá un prezo de 10 €, bebida non incluída. Poden informarse en www.portaventosa.es, en [email protected] ou no 646 457 210. Os participantes deberán levar calzado adecuado para andar por prados ou bosque baixo, tendo en conta que a herba pode estar mollada. Tamén será necesario que cada quen leve a súa cesta e navalla para a recolleita.

Fonte

Comentarios