Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Denuncian a afectación a numerosos exemplares do carballo anano nunha poda da Xunta

roza da xunta de carballo anano no Monte Pindo-Foto-Fins Eirexas
Foto-Fins Eirexas
Denuncian a afectación a numerosos exemplares do carballo anano nunha poda da Xunta

O carballo anano (lusitanicus Lam.) é unha das especies endémicas ameazadas do Monte Pindo. Descoberto no Pindo en 1971 por Manuel Laínz, a súa inclusión no CGEA (Catálogo Galego de Especies Ameazadas) coa categoría de "vulnerábel" comezou no 2008 e necesitou da intervención do Valedor do Pobo para corroborarse en 2011. “Dende entón, e malia a que por lei as especies ameazadas deben contar cun Plano de Conservación con medidas para garantir a súa viabilidade ecolóxica, a Xunta segue sen presentar ningunha proposta 12 anos despois”, denuncia ADEGA.

Pero a situación vén de agravarse despois de que a entidade comprobase que uns traballos forestais no monte de San Cibrán, en plena Rede Natura 2000 do Monte Pindo, vén de provocar unha serie de danos a numerosos exemplares desta especie. Unha roza de axentes da Xunta provocaron danos e mesmo eliminaron algúns pés dunha das poboacións máis numerosas e facilmente accesíbeis desta especie ameazada.

roza da xunta de carballo anano no Monte Pindo-Foto-Fins Eirexas1
Foto-Fins Eirexas

Neglixencia de Medio Rural e desleixo de Medio Ambiente

A entidade “lamenta que tanto por parte de Medio Rural como de Medio Ambiente, que debían coñecer a ubicación exacta da especie, non se tivera en conta súa presenza á hora de acometer os traballos de roza e limpeza preventiva contra os lumes”.

”Resultaría paradoxal que o que non conseguiron os incendios no Pindo, acabar co carballo anano, poida conseguilo a Xunta precisamente cos traballos para a prevención do lume”.

Comentarios