Xoves. 02.05.2024
El tiempo

A Deputación e o Concello de Carnota apostan pola promoción dos produtos locais do mar

Deputacion na Confraria de Lira
A deputada de Mar e Medio Rural, Cristina Capelán Cancelo, visitou hoxe a confraría de Lira xunto ao alcalde de Carnota, Juan Manuel Saborido Rama, a concelleira Merche Noceda, e o patrón maior, Mariano Lago,
A Deputación e o Concello de Carnota apostan pola promoción dos produtos locais do mar

“Fou unha reunión moi produtiva, realizada a petición do alcalde, co motivo de que, por primeira vez, a Deputación da Coruña conte cunha área específica destinada ao sector do mar”, explicou a deputada Cristina Capelán na reunión mantida na Confraría de Lira.
Capelán sinalou que “vimos de comprobar que o máis de medio millón de euros que destinamos cada ano a potenciar e modernizar as confrarías da provincia da Coruña resultan de gran utilidade para un sector tan importante para a nosa economía como o da pesca e o marisqueo”, afirmou Capelán.

No encontro, Deputación, Concello de Carnota e Confraría abordaron fórmulas de colaboración para potenciar a promoción dos produtos locais do mar de Lira como o polbo, a nécora, a navalla ou o percebe, que contan cunha calidade excepcional, en toda a provincia; así como para que a Deputación poda axudar a impulsar a feira anual de degustación dos produtos da Reserva mariña de interese pesqueiro dos Miñarzos, onde se practica unha pesca sostible e artesanal con productos de primeira calidade.

A Deputación da Coruña, a través da súa liña de subvencións para confrarías de pescadores e agrupacións de mariscadoras, apoia esta ano á confraría de Lira con 20.000 euros para a mellora da comercialización do peixe e marisco local, actividades de dinamización da pesca sostible e e contratación de persoal para prestar servizos e trámites aos socios e socias da entidade.

Máis novas

Comentarios