Unha conferencia analiza en Lira a dimensión humana da reserva mariña dos Miñarzos

A Reserva Mariña de Interese Pesqueiro Os Miñarzos, creada no ano 2007, foi pioneira a nivel internacional ao nacer dunha iniciativa do propio sector pesqueiro e marisqueiro, baseada nun modelo de coxestión e participación que busca garantir un uso sustentable dos recursos que ofrece o ecosistema.
E precisamente dende a UE avogan por que un 30% da superficie mariña estea considerada como área mariña protexida no ano 2030.
Por iso, o exemplo de Lira é ideal para facer unha profunda análise como a que está a desenvolver o EqualSea Lab da Universidade de Santiago de Compostela, que traballa dende hai varios meses nun estudo que analiza a vertente social da Reserva e que no marco da celebración do Día Marítimo Europeo, vaise achegar á Lira para realizar unha conferencia.
A charla será sábado 23 ás 12:00h na Confraría de Lira, a charla titulada "A dimensión humana das áreas mariñas protexidas. A Reserva dos Miñarzos”. O obxectivo desta actividade é amosar como unha boa xestión destes espazos pode axudar a que se complementen a conservación da natureza e as actividades humanas.
No acto participarán representantes do sector da pesca e o marisqueo locais e investigadores expertos no estudo das áreas mariñas protexidas. Será tamén unha oportunidade para a reflexión, de cara a abordar o presente e o futuro desta área protexida.
Falarán Falarán Sebastián Villasante, investigador principal do EqualSea Lab (CRETUS - Universidade de Santiago de Compostela), e coordinador do proxecto ECOSER 2.0; Antonio García Allut, profesor de Antropoloxía Social na Universidade da Coruña e director da Fundación Lonxanet; Mariano Lago Louro, patrón maior da confraría de pescadores de Lira; Remedios Dosil, vicepatroa; Primitivo Pedrosa, mariñeiro de Lira, e Raúl García, coordinador de pesquerías de WWF España.
O acto conta coa colaboración do Concello de Carnota, a Fundación Lonxanet e a Confraría de Pescadores de Lira.
Novas relacionadas
- Xaneiro 22: A Reserva Mariña de Lira, base dun estudo universitario que analiza como as áreas mariñas protexidas axudan a mellorar as sociedades que as rodean.
- 2019: Manuel de Talelo: As secuelas da falta de vixilancia na Reserva Mariña dos Miñarzos.
- 2016: 5 colectivos consideran a Gran Reserva Mariña da Costa da Morte como unha cortina de fume.
- 2016: O sector implícase na coxestión da Gran Reserva Mariña da Costa da Morte.
- 2015: A solta de alevíns na Reserva Mariña, mera acción formativa.
- 2015: A Reserva dos Miñarzos, aínda un exemplo mundial de pesca sustentable.
- 2014: “A situación da Reserva Mariña dos Miñarzos sen vixilancia é criminal”.
- 2014: A Reserva Mariña dos Miñarzos abre as súas cancelas.
- 2013: A confraría de Lira pide video-vixilancia ante a ondanada de roubos en Portocubelo.
- 2013: A Reserva Mariña de Lira sobrevive a base de autoxestión.
- 2012: Da vixilancia nos Miñarzos: A Reserva de papel.
- 2011: A Xunta deixa morrer a Reserva Mariña de Lira, que segue dando exemplo en festivais de todo o mundo.