Xoves. 02.05.2024
El tiempo

Engaden 5.000 xuvenís de ourizos de mar á zona dos Miñarzos

Xuvenis de Ourizo soltados na reserva dos Minarzos
Xuvenis de Ourizo soltados na reserva dos Miñarzos
Engaden 5.000 xuvenís de ourizos de mar á zona dos Miñarzos

Aínda quedan rescoldos da pioneira experiencia da Reserva Mariña dos Miñarzos, que exportou ao mundo un xeito de coxestionar o noso mar. Esta mañá, o Centro de Investigacións Mariñas (CIMA) de Ribadeo achegouse ata Lira para botar 5.000 exemplares xuvenís de ourizo de mar nas augas carnotás. Xuvenís que foron procreados nas súas instalacións da Mariña lucense, e que coa colaboración da Confraría de Pescadores de Lira, que se incorporarán aos bancos naturais desta zona.

Foron “cultivados”, no marco do proxecto de investigación Xumarou, en maio, polo que teñen agora 5 meses. Outra partida será para a confraría de Ribadeo, que será nos próximos meses e determinarase en función da climatoloxía e das mareas.

Máis novas

Comentarios