Venres. 26.04.2024
El tiempo

Elisa Gallego repasa o proxecto de recuperación das Casetas de Caldebarcos

Elisa Gallego repasa o proxecto de recuperación das Casetas de Caldebarcos

Fin de semana, e relaxamos a actividade social para achegarmos, de novo, ata as Casetas de Caldebarcos, que xa visitamos nos Recunchos da Costa. E o facemos da man da propia aquitecta do proxecto de recuperación e posta en valor do completo, Elisa Gallego Picard que xa falou en QPC sobre o cambio de ubicación dos bancos nun estrano suceso de misterio.

I é que Elisa vén de escribir un completo artigo sobre o proxecto na Revista Adra do Museo do Pobo Galego. Baixo o título "As casetas de pescadores do concello de Carnota. Actuación de recuperación na punta de Caldebarcos", Elisa Gallego Picard expón as característas e obxectivos da iniciativa entre as páxinas 81 e 97 do Nº6 de ADRA.

Non imos recoller o artigo enteiro, pois é demasiado longo para este formato, e ademais así vos animamos a achegarvos ao Museo a mercar un número da revista, que ten un prezo de venda ao público é de 6 euros. Pero si que vos acehgamos un pouco o sentido do mesmo. Aí quedades cun adianto do artigo de Elisa Gallego Picard:

As casetas de pescadores do concello de Carnota. Actuación de recuperación na punta de Caldebarcos

As casetas de pescadores son alpendres de trebellos de pesca e embarcacións e danse alí onde existindo vida mariñeira non hai instalacións portuarias básicas. Así coma nas Illas Baleares ou na costa sur da península ibérica adoitan ser de táboa de madeira, polo que adquiren un carácter provisional, é en Galicia, concretamente en Carnota, onde acadan maior significado de permanen- cia sendo construcións de pedra.

Estas casetas de pescadores eran noutros tempos pequenas factorías para a pesca de baixura, acollendo no seu interior caldeiras de encascar as redes feitas de fibra natural. Hoxe a maioría, mantén a pegada destas caldeiras cos restos da pedra circular que sostiña os caldeiros de cobre onde se impermeabilizaba a rede coa resina da casca das árbores. Esta arquitectura singular pro- bablemente xurdiu ao redor dos almacéns de salga que poboaban e poboan, hoxe sen uso, aínda esta zona (o almacén de salga de Fontevella, os de Porto de Quilmas, o do Fornelo, de Portocubelo, de Insuela, etc), ao redor dun pobo, en definitiva, que vivía do mar. Ilustración 1.

A actividade mariñeira en Galicia tivo a súa ORIXE na necesidade dos campesiños que non posuían terras ou das clases desfavorecidas do litoral, de buscar, ben un complemento de vida a súa alimentación ou como medio de vida. No século XVI a actividade mariñeira acada un gran desenvolvemento e expórtase peixe salgado e curado a varios lugares da península ibérica e á Eu- ropa atlántica. A chegada dos fomentadores cataláns a partir do 1750 trae novas técnicas de pesca e de salga, así como os medios de produción, innovacións mal acollidas polos mariñeiros, produ- cíndose conflitos sociais por tódalas rías. Máis ao poder conserva-la sardiña máis tempo, propicia que se renove a actividade e se inicie unha época de florecemento da pesca. Dos 400 almacéns de salga existentes no ano 1808 en todo o litoral, o 80% estaba en mans dos fomentadores cataláns. No Porto de Quilmas, existe a maior agrupación de almacéns de salga do Concello de Carnota e en Caldebarcos a edificación mellor conservada.

Os almacéns de salga son edificacións encravadas estratexicamente no litoral, hoxe espazo ma- rítimo-terrestre protexido e sensible ás transformacións, sensible a actuacións non desexadas, non acordes coa paisaxe na que están. É por iso que esixen unha valoración do seu entorno, ambiental e patrimonial, para conservar a súa pegada na memoria, quizais recuperándoas, quizais deixándoas porta coma pola extrema inaccesibilidade. Este tramo da costa acolle ademais diversos amarres de ferro repartidos polas pedras onde atar as embarcacións, pedras desgastadas polo uso, pequenas superficies onde arranxar a barca así como diversos muretes de pedra, bancos, etc no entorno inmediato de cada caseta. O almacén de salga de Fontevella provee á zona do único varadoiro de pedra de execución exemplar, con espazo para tres ou catro bucetas é o espazo máis amplo de protección de Caldebarcos.

... Continúa no número 6 da Revista Adra do Museo do Pobo Galego...

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios