Mércores. 09.10.2024
El tiempo

A ESMU de Carnota complementa a súa formación con Obradoiros e concertos

obradoiro toxo ESMU Carnota
A ESMU de Carnota complementa a súa formación con Obradoiros e concertos

A Escola de Müsica de Carnota trata de variar e facer máis completa a súa oferta educativa. Faino con clases grupais, combos de diferentes estilos de música, ensaios colectivos e master class de diferentes tipos que axuden ao alumnado hoxe e sempre.

Neste curso, que vai retomando a normalidade, durante o primeiro trimestre xa tiveron, ademais das clases normais, un obradoiro-concerto de música tradicional con Pablo Seoane e Antonio Prado; un Obradoiro do Piano, para coñecer o instrumento e a súa historia; un concerto de rock infantil por Santa Cecilia con Pakolas; e unha serie de microconcertos do alumnado en todas as modalidades de instrumentos.

Agora, no comezo do segundo trimestre, prepara xa un Obradoiro para o tratamento de guitarras e baixos, co Luthier Toxo. Impartirá dous cursos de dúas horas cada un, e en cada grupo serán 15 alumnos/as. O mércores 16 de febreiro, de 17.00 – 19.00h e de 19.00 h a 21:00h. O alumnado ten de prazo ata o mércores 9 para inscribirse.

Outra idea para o trimestre é a visita a un estudio de grabación a gravar un tema composto e interpretado integramente por alumnado.

E ademais, van traer a grupos da zona que foron alumnos da Escola (tipo The Rapants, Lisdexia, Adhara …) para tocar cos alumnos/as de hoxe.

Comentarios