Sábado. 12.10.2024
El tiempo

A ESMU supera en matriculas aos 3 centros de ensino de Carnota

ESMU DE CARNOTA en concerto
Un concerto ante as familias da ESMU do ano pasado
A ESMU supera en matriculas aos 3 centros de ensino de Carnota

O ano pasado foron 208. Este ano volve bater marcas: 222 persoas matriculadas na Escola de Música Municipal de Carnota (@esmucarnota). “Unha verdadeira animalada para un concello coma Carnota”, xa que son máis alumnos/as que sumando todos os que teñen o CEIP do Pindo e o CEIP de Carnota e IES Lamas de Castelo. Vaia, que se pode dicir que todo o alumnado da educación obrigatoria aprende música na Esmu.

Realmente non é así, porque á fama da ESMU trascende fronteiras e son ducias os alumnos e alumnas que van cada tarde ata Carnota dende outras partes da comarca.

Con todo, a entidade tivo que pechar a matrícula pois con 5 mestres non dan para máis.

Un elenco que son, precisamente a chave do éxito. Ademais do método educativo baseado na proba, na imaxinación, na diversión, os 5 mestres son capaces de enganchar a cada alumno que pisa unha aula do centro do Viso.

  • Castor Montes Quintillán: Mestre de guitarra, guitarra eléctrica, baixo eléctrico e ukelele.
  • Carlos González Giráldez: Mestre de batería, percusión, combos e Linguaxe Musical.
  • Ramón Domínguez Calvo: Mestre de gaita, pandeireta, música tradicional e director da Coral Polifónica da ESMU.
  • Ana Blanco Gómez: Mestra de Linguaxe Musical, Música e Movemento, Piano, Canto e as colectivas infantiles de Orquestra Orff e Canto.
  • Alianza Uhía Patiño: Mestra de Linguaxe Musical, Piano e Organización e Dirección do centro.

Clases, pero tamén concertos

Esmu de Carnota

”Na ESMU de Carnota non só se dan clases de instrumentos, aquí tamén se fan actuacións musicais de grupos profesionais, concertos didácticos por parte de músicos invitados e amigos”, explica a tamén directira Ali Uhi. “Invitamos a grupos formados xa, que veñen á que foi a súa escola para falar e tocar co novo alumnado como foi o caso dos The Rapants, de Adhara e Ritman, dos Deleiba, dos Lisdexia, dos The Balayos, de Xur, etc”, explica, e “facemos masterclass interesantes para a vida dos músicos afeccionados, como a fixo Toxo Luthier sobre o coidado de instrumentos, ou outras charlas con especialistas sobre gravación e edición de vídeos musicais con Poldo Lamela, coidado da voz, a historia do piano, etc”…

Pero ademais dos concertos de xentes de fóra, os máis emotivos son os miniconcertos que o propio alumnado fai ao longo da ano, ou as saídas para amosar a súa arte á escoliña, ao centro de Día, ao Instituto…

De xeito paralelo actúa, a Coral Polifónica da ESMU, que vai cantando por toda Galicia e que non falla a cada unha das festas da vila; igual que o grupo de Pandeireteiras, que se anima a amenizar calquera festa “coa mellor música tradicional, coa mellor vontade e co seu sorriso permanente.

Así, xa está todo listo para que o vindeiro martes, o alumnado volva pisar as aulas do Viso.

Máis novas da ESMU

Comentarios