A exame as instalacións dos centros educativos de Carnota
O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, reuniuse onte co alcalde de Carnota, Juan Manuel Saborido, para valorar analizar as necesidades do concello en materia educativa. No encontro participou tamén o secretario xeral técnico, Manuel Vila.
Tras escoitar ao rexedor municipal e valorar a situacións dos centros, o conselleiro comprometeuse a encargar un estudo técnico das necesidades actuais dos colexios CEIP Plurilingüe de Carnota, e CEIP do Pindo e do Instituto IES Lamas de Castelo. Unha vez rematado o estudo, procederase a acometer melloras que aborden de xeito progresivo as necesidades das diferentes instalacións.
 
          
    02:16 03/09/24 
             
       
       
             
             
             
         
           
          