Falece unha muller atropelada en Caldebarcos

07:26 16/12/21
Esta pasada noite de mércores, falecía unha muller tras ser atropelada na AC-550, en Caldebarcos, Carnota. A vítima, unha coñecida hostaleira da zona, cruzaba vestida de negro nunha zona de pouca visibilidade.
O operativo formado pola Policía Local, GES de Muros, Garda Civil, e sanitarios do 061, non puideron máis que ratificar o seu pasamento.