Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Federico Sánchez, candidato de CxG en Carnota: “O pobo tén que pensar en 365 días, non só en xullo e agosto”

Federico Sanchez Candidato CxG Carnota 2023
Federico Sánchez será o Candidato de CxG en Carnota para as municipais de 2023
Federico Sánchez, candidato de CxG en Carnota: “O pobo tén que pensar en 365 días, non só en xullo e agosto”

Queda menos para as eleccións municipais de maio de 2023. Por Carnota, pelexarán co alcalde Juan Manuel Saborido “Moma”, o reelixido candidato do BNG Moncho Noceda, e o candidato do PP Tino González (por confirmar). Pero ademais o grupo Compromiso por Galicia tamén presentará un nome. Trátaase de Federico Sánchez.

Natural da Coruña, leva varios anos teletraballando dende O Pindo e dá o paso á fronte para presentar a súa candidatura este martes13 as 17:00 no Hotel Meiga do Mar, en Caldebarcos.

Con moitos anos de bagaxe no mundo da empresa vinculado ao sector sanitario, “non son politico de carreira, si de vocación, e agora quero dar un paso á fronte no mundo da política”, explica. A través de amizades (non é afiliado a ningún partido), atopou en CxG o grupo que o ampare nesta nova batalla vital.

”Carnota vive 365 días, e aquí parece que só temos xullo e agosto”, sinala, dando conta de que “hai moitas cousas que facer aquí. Carnota ten que dar un paso á fronte, temos fondos europeos, e hai que chamar ao talento, ás empresas… e buscar que o Concello teña posibilidades de crecement, ou non de estancamento”.

Nunha primeira conversa xa debulla detalles como que “non entendo como non hai desfibriladores polas parroquias”; “cómpre regular o tráfico de autocaravanas, ter unhas instalacións dignas para elas”; “hai que loitar por unhas infraestrutruras de comunicación mellores e mellor iluminadas”; “din que é o pobo dos nenos pero os parques están destrozados”; “temos unha das mellores praias de Europa para facer Kitesurf e non temos un campionato”…

Sen ir máis lonxe, considera “as luces son unha tristeza, a verdade”.

Máis novas das Eleccións

Comentarios