Fernando Patricio Coritzo leva a súa novela de naufraxios ao Tinglado de Carnota

O escritor Fernando Patricio Cortizo, un dos meirandes especialistas en naufraxios do país., é o seguinte invitado do Tinglado. O herculino leva ao espazo GastroCultural de Carnota, este sábado 8 de marzo ás 18:30h, a súa novela ”Na escuridade das ondas”, que contra a dramática traxedia do pesqueiro “La Isla” no mar da Torre de Hércules e as consecuencias dun naufraxio que fixeron nacer o Salvamento Marítimo en Galicia.
Fernando é Tecnico de Cultivos Mariños e tamén Investigador de Naufraxios. É alma máter da Asociación Naifraxios Galegos e impulsor das actividades vinculadas cos naufraxios que se fan nestes anos en Camelle. Fernando ten unha traxectoria longa como Investigador e Divulgador, conferenciante e colaborador en medios, como tamén participou en programas de radio como Radio Roncudo, con Suso Lista, asi como en infinidade de reportaxes en diferentes revistas.
Escribiu varios libros sobre Naufraxios como "Historia da Costa galega e os seus naufraxios", "Escarnio: la tragedia gallega del Prestige" ou "De Liverpool ás Sisargas; a derradeira travesía do Priam”.
”Persoeiros como Fernando e as súas investigacións van creando un pano histórico de traxedias sepultadas que precisan de sair á superficie, polo menos para recordarnos que o mar é duro pero, ante todo, é blando e contén no seu seu almas e pecios nacidas do infortunio”, explica o coidador do Tinglado, o noso Nando Lestón.