Ruralismo 3.0 / 12: Hermosinda Xulieta Rapunzel
- Coleccionable. Transición Rural á Modernidade (S.XX).
- Fotografia: Antonio Nodar.
- Texto: Nando Lestón.

Todo condúcenos a ela.
A ventá fai de cuadro e a pedra fai de marco. Unha cuadrícula de muitas imaxes pequenas; podiamos dividila como divide un mago a caixa na que dentro hai unha persoa e separa as súas partes. Muitas partes fan un todo.
A pedra non é máis que un apunte, un marco no que a fiestra, desprazada e dominante, crea o seu propio universo onde semella que Mondrian usou a súa matemática de proporcións. Hermosinda está atrapada dentro dunha cuadrícula na que só éla é transparente o resto é reflexo.
É tan fermosa e tan sinxela a composición que o complica todo.
Na transparencia, Hermosinda faise soño, faise espera e sobre todo faise adulta. Só Hermosinda é transparente, o resto son reflexos de todo canto a rodea, a súa paisaxe cotiá, unha imaxe de retrovisor polo que ves aquelo que queda nas costas da túa mirada; un ceo despexado luitando con dúas nubes... o Monte Cabral... un pequeno bosque...
Observemos un momento a fiestra. É unha arquitectura sinxela sen decoración nin estridencias. Poderíamos dicir que é de familia humilde, que hai dous cristales fendidos e un rompido polo que entra certo aire. Hai manchas, pequenos regueiros de pintura da derradeira vez que se pintou e sabemos que fai tempo por que os clavos que sostén os cristais están ao pairo, cando xeralmente estaban cubertos por masilla.
Falta de mantemento, quizais pola ausencia do home da casa... os anos 80 foron tamén anos de emigración; na mercante, no Mar do Norte, en Alemania e Suiza... galegos de Baiñas e de todas partes facéndose europeos. Traerán cemento, edificios en Santa Comba, invertir en ladrillo en Santiago e na Coruña... muitos deles verán a pedra como atraso.
Mentras tanto Hermosinda Casais mira... esperando o seu momento.
Quizais quede, ao millor marcha a estudar fóra... ou emigra tamén.
Pero antes de que todo eso aconteza témola aquí; sensualidade adolescente que nos mira cun pequeno sonrriso de ollos e unha misteriosa mueca que nos traslada á Gioconda; encadrade ese cristal e disfrutade do pícaro e meláncolico asomo de algo que se atreve... pero non de todo. Do instante preciso da plenitude desta moza sen perla, sen atavíos, de pescozo longo sen adornos e sutilmente espido.
A imaxe é poética, melancólica e sensual.
Todo iso está no mechón de pelo ondulado que cae con gracia e descuidadamente sobre unha parte do seu rostro, ocultando parte do ollo que potencia a mirada que atravesa o cristal para chegar con forza ata Antonio, que está situado fronte a ela, na rúa.
A imaxe é romática, unha nova Xulieta dos anos 80 ou unha Rapunzel atrapada na sua Torre, ca levedade das cortinas que teatralizan a escea, facéndoa menos pesada, elevando a imaxe ata confundirse co ceo que semella estar dentro da habitación da que nada sabemos, pois é o de dentro o que ven cara fóra; ela está fóra do adentro, escuro e invisible.
A arquitectura está queda no tempo, ela non. Ela está certamente no poder de decidir como viste, está no poder de decidir que cambios precisa, está no tempo da transformación e iso empodera.
Quer vestir dalgún xeito como adulta que se sinte, moradora dun estilo que se imporá. Pantalón vaquero axustado pero seguramente ca pata máis ancha, que aínda tardará en desaparecer para, como o Guadiana, volver a aparecer cada certo tempo. Nunca se irá de todo. De feito deconstruirase ata o punto de borrar as lindes entre o axustado e o floxo.
Para rematar, quero falar da impostura da pose. Non chegarían muitas revistas de moda, pero Hermosinda posa como "modelo". Non é descoidada, ponse como ela quer, cas mans na cintura e na cadera, cun dos brazos a xeito de asa. Coida o detalle,o equilibrio e armonía da figura, elegante, discreta e feminina. Hermosinda... que fermosa.
- Fotografia: Antonio Nodar
- Texto: Nando Lestón
Ruralismo 3.0
- 11: Dúas amigas.
- 10: Carro de combate (Os útimos de Baíñas).
- 09: Progreso sen regreso
- 08: Chupete vs Adultos
- 07: Jose Blas (Ferreiro). A forxa de Vulcano
- 06: Vacas (frisona, a máis mona).
- 05: Lancha no Ézaro
- 04: Sra. Serafina do Roquiño. Os Santos Inocentes
- 03: Cabaseira de Baíñas
- 02: Santuario da Virxe da Barca
- 01: A Serafina do Roquiño.
MÁIS ARTIGOS DE NANDO LESTÓN EN QPC
- ME CAGO.
- A Boca
- Xa nos vai tocando.
- Garamendi.
- Mi querida Babel
- Un novo Deus... Abalado sexa
- Madrí, rotonda de Hespaña.
- No país dos cegos o torto é o rei
- Nodar-radón.